Oferta de contrato predoutoral no grupo de Química Analítica Ambiental e Toxicoloxía

O grupo de Química Analítica Ambiental e Toxicoloxía pertencente ao  Departamento de Química Analítica e Alimentaria, e ao Centro de Investigación Mariña da  Universidade de Vigo oferta un contrato  predoutoral con cargo ao proxecto I+D+i titulado: Sistemas analíticos innovadores basados en receptores nanoestructurados sobre sustratos (nano)celulósicos para la detección de sustancias de interés medioambiental (Convocatoria Retos Investigación, Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, Ref.  RTI2018-093697- B-I00).

Descrición do traballo

Desenvolvemento de métodos analíticos innovadores (sensores, instrumentos portátiles, plataformas de  preconcentración, etc.) para a detección de contaminantes emerxentes no medio mariño.

Condicións do contrato

  • Tipo de contrato: tempo parcial (20  h/semana)
  • Duración: 6 meses prorrogables.
  • Retribución bruta mensual  aprox.: 800 €
  • Lugar de traballo: Facultade de Química, Campus de Vigo

Requisitos dos/as candidatos/as:

  • Posuír un grao en Química ou outras titulacións afíns.
  • Valorarase a experiencia en técnicas de análises, tratamento de mostra e aplicacións no medio ambiente mariño.

Presentación de soicitudes

As persoas interesadas deben enviar o seu CV completo en formato pdf á dirección de correo electrónico bendicho@uvigo.es indicando referénciaa CV_ PAPERSEN_PRIMEIRO APELIDO_NOME no asunto da mensaxe.

Data límite de recepción de solicitudes: 26 de Xuño de 2020

Proceso de selección

Unha comisión de selección formada por tres investigadores do grupo valorará os méritos presentados polos/as aspirantes, de acordo aos seguintes criterios:

  • Expediente académico (50%)
  • Experiencia nas actividades ofertadas (30%)
  • Outros méritos: 10%
  • Entrevista: 10%

Unha vez finalizado o proceso de selección, notificaranse os resultados definitivos aos aspirantes a través de correo electrónico.