O grupo de investigación de Química Analítica Ambiental e Toxicoloxía, pertencente ao Dpto de Química Analítica e Alimentaria, e ao Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM-UVigo), oferta un contrato predoutoral con cargo ao proxecto I+D+i titulado: ‘Sistemas analíticos innovadores baseados en receptores nanoestructurados sobre substratos (nano) celulósicos para a detección de substancias de interese ambiental’ (Convocatoria Retos Investigación, Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, Ref. RTI2018-093697- B-I00).
Condicións do contrato
- Tipo de contrato: tempo parcial (20 h/semana)
- Duración: 6 meses prorrogables
- Retribución bruta mensual aprox.: 800 €
- Lugar de traballo: Facultade de Química, Campus de Vigo
Requisitos dos/as candidatos/as:
Posuír un grao en Química ou outras titulacións afíns. Valorarase posuír un Máster e o interese en cursar estudos de Doutoramento asociados a esta oferta. Valorarase tamén a experiencia en técnicas espectroscópicas de análises, tratamento de mostra, preparación e caracterización de nanomateriales, aplicacións analíticas no medio ambiente mariño.
Selección de candidatos/as:
A comisión de selección, formada por tres investigadores do grupo, valorará os méritos presentados polos/as aspirantes, de acordo aos seguintes criterios:
- Expediente académico (50%)
- Experiencia nas actividades ofertadas (30%)
- Outros méritos: 10%
- Entrevista: 10%
Unha vez finalizado o proceso de selección, notificaranse os resultados definitivos aos aspirantes a través de correo electrónico.
As persoas interesadas deben enviar o seu CV completo en formato pdf á dirección de correo electrónico bendicho@uvigo.es, indicando CV_ PAPERSEN_PRIMEIRO APELIDO_NOME no asunto da mensaxe.
Data límite de recepción de solicitudes: 2 de Marzo de 2020