Oferta de contrato predoutoral no grupo de Química Analítica Ambiental e Toxicoloxía (QA2, CIM-UVigo)

O grupo de investigación de Química Analítica Ambiental e Toxicoloxía, pertencente ao  Dpto de Química Analítica e Alimentaria, e ao Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM-UVigo), oferta un contrato  predoutoral con cargo ao proxecto I+D+i titulado: ‘Sistemas analíticos innovadores baseados en receptores  nanoestructurados sobre substratos (nano) celulósicos para a detección de substancias de interese ambiental’ (Convocatoria Retos Investigación, Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, Ref.  RTI2018-093697- B-I00).

Condicións do contrato

  • Tipo de contrato: tempo parcial (20  h/semana)
  • Duración: 6 meses prorrogables
  • Retribución bruta mensual  aprox.: 800 €
  • Lugar de traballo: Facultade de Química, Campus de Vigo

Requisitos dos/as candidatos/as:

Posuír un grao en Química ou outras titulacións afíns. Valorarase posuír un Máster e o interese en cursar estudos de Doutoramento asociados a esta oferta. Valorarase tamén a experiencia en técnicas  espectroscópicas de análises, tratamento de mostra, preparación e caracterización de  nanomateriales, aplicacións analíticas no medio ambiente mariño.

Selección de candidatos/as:

A comisión de selección, formada por tres investigadores do grupo, valorará os méritos presentados polos/as aspirantes, de acordo aos seguintes criterios:

  • Expediente académico (50%)
  • Experiencia nas actividades ofertadas (30%)
  • Outros méritos: 10%
  • Entrevista: 10%

Unha vez finalizado o proceso de selección, notificaranse os resultados definitivos aos aspirantes a través de correo electrónico.

As persoas interesadas deben enviar o seu CV completo en formato pdf á dirección de correo electrónico bendicho@uvigo.es, indicando CV_ PAPERSEN_PRIMEIRO APELIDO_NOME no asunto da mensaxe.

Data límite de recepción de solicitudes: 2 de Marzo de 2020