O grupo Future Oceans Lab (FOL) do CIM-UVigo oferta unha praza de investigador de dous 2 anos de duración. O investigador será responsable de administrar e desenvolver as tarefas dun proxecto H2020, FutureMARES, onde o grupo participa como socio co fin de desenvolver avaliacións de vulnerabilidade climática en ecosistemas mariños e de transición. A persoa seleccionada traballará con Elena Ojea (FOL) e o resto dos consorcios a partir de setembro de 2020.
Descrición do proxecto e das tarefas a realizar
O proxecto FutureMARES é un proxecto altamente multidisciplinar que pretende investigar accións, estratexias, e solucións social e económicamente rentables de adaptación climática que preserven a biodiversidade e as funcións ecosistémicas dos ecosistemas mariños e de transición europeos e doutras rexións climáticas e ecolóxicas.
O investigador postdoutoral será o responsable do desenvolvemento das tarefas do proxecto relacionadas co deseño e implementación de asesorías de vulnerabilidade climática, incluindo protocolos metodolóxicos, a monitorización do avance das tarefas dos diferentes socios e a entrega de resultados e memorias.
Condicións do contrato:
- Tipo de contrato: Temporal
- Duración: 2 anos a tempo completo
- Dta de inicio esperada: Setembro 2020.
- Salario: 30.000 – 40,000 euros brutos
Criterios de selección
Requisitos:
- Título de doutoramento no eido ciencias medioambientais, xestión, económicas, ciencias sociais, pesca, ecoloxía mariña ou disciplinas afíns.
- Experiencia mínima dun ano na implementación e redacción de proxectos de investigación medioambiental.
- Experiencia en investigación en conservación e recuperación mariña e/ou pesquerías.
- Conocimientos de codificación e experiencia en R o programas similares para a análise e visualizaciónde datos.
- Ter un mínimo de dúas publicacións en revistas científicas recoñecidas internacionalmente relacionadas coa temática da praza.
Outros criterios de valoración:
- Experiencia en xestión de proxectos, especialmente en proxectos H2020 ou similares;
- Experiencia en investigación sobre cambio climático, incluíndo impactos e adaptación;
- Experiencia en enfoques cualitativos para a xestión ambiental, análise de partes interesadas e grupos implicados, análises de preferencias, métodos participativos, etc.
- Experiencia en indicadores ecolóxicos e sociais, índices e outras representacións de problemas complexos. A experiencia en avaliacións de vulnerabilidade climática será altamente valorada;
- Fortes habilidades interpersoais para construír e manter relacións sólidas con académicos, ONGs, socios políticos e gobernamentais e para traballar eficazmente como parte dun equipo de investigación altamente colaborativo;
- Dominio do uso de GitHub, Shiny e outras ferramentas en liña para unha investigación eficiente;
- Valoraranse moito as publicacións en revistas interdisciplinares ou en revistas de diferentes disciplinas;
- Independencia científica e capacidade para xerar ideas de maneira autónoma;
- Fluidez lingüística en español, inglés, francés ou italiano.
Solicitude
As persoas candidatas deberan enviar un correo a dirección futureoceanslab@uvigo.es co asunto: “FutureMARES postdoc application_nome completo”. Data límite: 7 de xuño ás 8pm (hora española). No caso de que a oferta non sexa ocupada valoraranse as solicitudes achegadas máis alá da data límite.
A seguinte documentación deberá ser enviada nun só PDF:
- Currículo vitae actualizado (2 páxinas en total, en inglés) indicando experiencia previa, publicacións, proxectos, formación, organización de actividades científicas, habilidades técnicas específicas.
- Unha carta de presentación dunha páxina que reflexe a motivación para ocupar este posto e explique como podería contribuír ao equipo e ao proxecto.
- Unha descrición dunha páxina da súa investigación actual, presentando os principais resultados no contexto desta oferta e inclúa dúas publicacións relacionadas.
- Información de contacto de 3 investigadores. As cartas de apoio serán solicitadas no segundo paso da avaliación.