Denominación do proxecto ou actividade: Axuda adicional para execución de actividades de investigación
Investigadora principal: Ayelen Melisa Blanco Imperiali
Referencia: RYC2022-037124-I
Departamento: C01 Bioloxía funcional e ciencias da saúde
CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS
Tipo de contrato: Contrato predoutoral (art21 Lei da Ciencia) EPIF (mín 1 ano, máx 4)
Número de prazas: 1
Traballo a realizar: Apoio ás actividades de investigación sobre alimentación en peixes.
Funcións a realizar: En dependencia do responsable do grupo de investigación, o/a candidato/a levará a cabo as seguintes actividades:
- Participar no deseño de experimentos
- Participar na administración de fármacos e toma de mostras biolóxicas
- Participar na análise de mostras de tecidos de peixes mediante técnicas espectrofotométricas, electroforese, RT-qPCR, clonación
- Participar na elaboración de resultados e análise estatístico dos mesmos
- Participar na discusión de resultados e redacción de artigos de investigación
Retribución bruta mensual: 1.478,15 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Data de inicio prevista: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma
Xornada laboral: Tempo completo (37.5 h/semana)
Categoría laboral: Personal investigador según estatuto Personal Investigador Predoutoral en Formación (Titulación Universitaria Superior)
Centro de traballo: Facultade de Bioloxía
Duración do contrato: 12 meses
REQUISITOS E MÉRITOS DOS/AS CANDIDATOS/AS
Titulación requirida: Mestrado en área afín a Bioloxía, CC. Do Mar, Biotecnoloxía.
- Méritos a valorar:
- Experiencia acreditada en tarefas de investigación en fisioloxía de peixes
- Cursos de Experimentación Animal (Categorías A, B e C)
- Traballo fin de máster relacionado coa fisioloxía de peixes
- Experiencia en técnicas de laboratorio: RT-qPCR, clonación, administración fármacos, procesamento de tecidos animais, cultivo celular
- Entrevista persoal (3 candidatos/as máximo)
Máis información aquí.