O equipo de “Ecotoxicoloxía e Contaminación Mariña” (Ecotox) do grupo “Ecoloxía Costeira” (EcoCost, CIM-UVigo), oferta un contrato de técnico de laboratorio especialista en cultivos mariños con cargo ao proxecto europeo “GLAUKOS – Circular Solution for the Textile Industry”, financiado polo “Bio-Based Industries Joint Undertaking” (BBI JU), no marco do programa do H2020 (acordo nr. 887711).
Requisitos
- Titulación FP2, técnico superior en produción acuícola.
- Experiencia en cultivo de Cyprinodom variegatus.
- Titulación de experimentación animal, A e B (Orde ECC/566/2015)
Criterios de valoración
- Experiencia profesional en postos similares
- Capacidade de organización
- Experiencia en cultivo larvario de peixes
- Coñecementos en montaxe de instalacións de sistemas de recirculación para cultivos mariños (RAS)
- Asistencia telemática en instalacións acuícolas
- Experiencia en acuariología.
- Outras titulacións en benestar e transporte de animais.
- Conocimientos básicos en diagnóstico patolóxico de peixes
Condicións do contrato
- Duración: 30 meses (6 meses período de proba)
- Dedicación: a tempo completo (40 h semanais)
- Retribución bruta mensual: 1600,00 €
- Lugar de traballo: Ecimat, CIM- Universidade de Vigo.
Solicitudes
Interesados enviar CV en formato .pdf, carta de presentación e dúas cartas de referencia por e-mail a beatriz.noya.marino@uvigo.es antes do 10 de Novembro de 2020. No asunto do e-mail deberá indicarse “Contrato Técnico GLAUKOS-Ecotox”.
Proceso de selección:
Terase en conta o currículo, a experiencia laboral previa, cartas de referencia (dúas) e a entrevista (en persoa ou virtual (Skype ou canles similares).
Os aspirantes poderán ser requiridos para achegar a documentación xustificativa dos méritos enunciados no seu CV.
A lista de candidatos finalistas, e de agarda, serán publicadas na web de Ecotox (http://www.ecotox.es/gl).
Máis información en Euraxess (Referencia da oferta en EURAXESS, id: 571278)