O Laboratorio de Física Ambiental (Ephyslab) do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM-UVigo) ofrece un contrato predoutoral para a análise do impacto do cambio climático nas instalacións de enerxía renovable.
Condicións xerais
- Duración: 6 meses
- Data Prevista de inicio: NOVEMBRO 2020
- Data de finalización: ABRIL 2021
- Xornada de traballo: A tempo completo.
- Salario aprox.: 1275 € brutos/mes prorrateo pagas extra incluídas
- Posibilidade de renovación: Non
- Lugar de traballo: Grupo Ephyslab, Campus da Auga, Campus Ourense.
Requisitos:
Os aspirantes deberán cumprir, á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, os seguintes requisitos:
- Licenciatura en Física (valorarase especialización no campo obxecto do contrato).
- Coñecementos en programación Python.
- Coñecemento e experiencia de investigación en enerxías renovables (solar e eólica).
- Experiencia no estudo do impacto do cambio climático sobre as enerxías renovables
- Experiencia na redacción de informes no sector de enerxías renovables: análise de ciclo de vida, predición estacional e subestacional
- Experiencia en preparación de informes de consultoría.
- Experiencia en presentación de resultados en conferencias científicas internacionais.
- Valorarase experiencia na xestión no ámbito ambiental e climático.
Criterios de valoración:
- Experiencia profesional (40%): Experiencia profesional acreditada en investigación en Ciencias da Terra
Formación (30%): Cursos de formación ou especialización relacionados con estatística, modelado numérico.
Entrevista (30%): A comisión pode convocar a unha entrevista aos candidatos/as que teñan superado unha puntuación de 25% nos apartados de Experiencia e Formación.
Presentación de solicitudes
- Data inicio de recepción de candidaturas: 07/10/2020
- Data límite de recepción de candidaturas: 20/10/2020
- Entrega de documentación: Por correo electrónico a: ephyslab@uvigo.es
- Documentación a achegar: Currículo Vitae (máximo 3 páxinas)
Comisión de Avaliación:
- Juan Antonio Añel Cabanelas (Profesor Titular Universidade de Vigo)
- Ramón Gómez Gesteira (Catedrático da Universidade de Vigo).
- Raquel-Olalla Nieto Muñiz (Profesora Titular da Universidade de Vigo).