I Asemblea Anual CIMentos

O 10 de novembro de 2023 tivo lugar no Campus Universitario de Vigo a I Asemblea Anual CIMentos, un evento científico organizado polo Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo co obxectivo de reunir a todo o persoal investigador do centro nun espazo propio para a presentación de traballos, o intercambio de coñecemento e o establecemento de colaboracións.

Durante o encontro, no que participaron máis dun centenar de investigadores e investigadoras do centro, compartíronse avances científicos a través dunha decena de comunicacións orais e 32 pósters sobre temáticas relacionadas coa acuicultura e a explotación sostible de recursos, a biodiversidade e os servizos ecosistémicos, o cambio global e a contaminación, as enerxías renovables e os novos recursos e a xestión integrada da zona costeira.

Un dos principais focos deste encontro foi promover a colaboración interdisciplinaria e a investigación de vangarda, buscando fomentar a interacción entre diferentes disciplinas para abordar desafíos do entorno mariño desde múltiples perspectivas, aportando solucións innovadoras e debatendo sobre o futuro da ciencia mariña e os nosos océanos.

Este primeiro encontro científico presentouse como unha oportunidade única para establecer conexións valiosas con colegas, aproveitando un ambiente propicio para a creación de redes.

 

II Asemblea Anual CIMentos

O 24 de outubro de 2024 celebrouse a II Asemblea Anual CIMentos no edificio CITEXVI do Campus Universitario de Vigo. No encontro reunimos ao persoal investigador do CIM para compartir coñecementos e buscar novas oportunidades de colaboración. Nesta nova edición contouse coa asistencia de algúns dos membros do Comité Asesor Externo (CAE) do CIM e entregaremos o Premio CIM á doutora Maria Dornelas. Esta actividade forma parte das accións do Decenio dos Océanos do Decenio das Nacións Unidas das Ciencias Oceánicas para o Desenvolvemento Sostible.

Premio CIM

O Premio CIM é un recoñecemento que busca destacar a excelencia na investigación mariña no ámbito internacional. Na súa primeira edición, o galardón foi outorgado á doutora en bioloxía da Universidade de St. Andrews (Reino Unido) Maria Dornelas, que foi a encargada de impartir o relatorio inaugural na II Asemblea CIMentos.

O Premio CIM foi instituído co obxectivo de recoñecer a investigadoras e investigadores cuxo traballo está a ter un impacto significativo no campo da ciencia mariña. Neste sentido, Maria Dornelas foi seleccionada como a primeira galardoada en recoñecemento ás súas contribucións pioneiras no estudo da biodiversidade, especialmente en relación coa dinámica dos arrecifes de coral e os patróns globais de biodiversidade no Antropoceno. A súa investigación non só desafiou conceptos establecidos, senón que tamén proporcionou novas perspectivas cruciais para a conservación e xestión dos ecosistemas mariños.

Axenda

Comité científico

  • Ana Bernabeu. Área prioritaria de Contaminación mariña
  • Armando Caballero. Área prioritaria de Impacto do cambio climático
  • Maite de Castro. Coordinadora da Área prioritaria de Enerxías renovables mariñas
  • Moncho Gómez Gesteira. Área de Investigación do CIM
  • Paloma Morán. Coordinadora da Área prioritaria de Impacto do cambio climático
  • Francisco Javier Pena. Coordinador da Área prioritaria de Contaminación mariña
  • José Luis Soengas. Coordinador Área prioritaria de Acuicultura e marisqueo

Comité organizador

  • Daniel Rey García. Dirección do CIM
  • Moncho Gómez Gesteira. Área de Investigación do CIM
  • Jose Manuel García Estévez. Dirección da Ecimat
  • Cristina Quelle Gómez. Área de Innovación e Transferencia do CIM
  • Charo de la Huz Serrano. Área de Xestión e apoio á investigación do CIM
  • Marta Crespo Cruces. Área de Comunicación do CIM
  • Laura Ledo Fontán. Área de Comunicación do CIM