O grupo de investigación de Análise de Concas Sedimentarias (BASAN) do CIM-UVigo oferta un contrato para persoal investigador predoutoral para desenvolver unha investigación a cargo do PROXECTO: Contribución dos servizos ecosistémicos mariños de áreas protexidas ó benestar humano, cofinanciado polo FEMP (FONDO EUROPEO MARÍTIMO E DE PESCA) no marco do “PROGRAMA PLEAMAR. FUNDACION BIODIVERSIDAD”.
Características do contrato
- Duración: 2 meses, prorrogables.
- Lugar de traballo: Facultade de Ciencias do Mar. Universidade de Vigo.
- Custe total de contrato: 3270 euros.
Requisitos
Requisitos xerais:
- Ter cumpridos os dezaoito anos e non ter acadado a idade establecida, con carácter xeral, para a xubilación.
- Ter capacidade funcional para o desempeño das tarefas do perfil solicitado.
- Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado para o desempeño de funcións públicas.
- Estar inscrito como demandante de emprego.
Requisitos específicos:
- Graduados en Bioloxía, Ciencias Ambientais ou Ciencias do Mar. A obtención do título debe ser posterior a 1-1-2017
- Mestrado en Biodiversidade, Desenvolvemento Sostible ou semellantes.
- Experiencia demostrable en valoración de servizos ecosistémicos.
Proceso de selección
O proceso selectivo consistirá na valoración do CV e da experiencia e capacidades do candidato/a, e nunha entrevista persoal de ser necesario. Será resolto por unha comisión formada polos responsables do proxecto.
Prazo e forma de presentación de solicitudes
O prazo de presentación estará aberto ata as 15:00 do sétimo día natural tras o levantamento da suspensión de prazos (que será informado nesta mesma páxina).
Os/as aspirantes deberán enviar, antes de expirar o prazo designado, á dirección de correo electrónico mendez@uvigo.es, a seguinte documentación:
-
- Carta de presentación, na que se inclúa nome, NIF, teléfono e correo electrónico de contacto.
- Curriculum vitae completo, con dilixencia de veracidade, compromiso de demostración e conformidade coa comprobación dos méritos.
- Documentos acreditativos dos requisitos e méritos recollidos no CV.