Técnico/a en cultivos acuícolas ou Técnico/a Superior en acuicultura

Denominación do proxecto ou actividade: Desenvolvemento de novos produtos refrixerados a base de microalgas para usos en alimentación acuícola (Microcool)

Investigador principal: José Manuel García Estévez

Liña de investigación: Microbioloxía e Parasitoloxía asociadas ao cultivo de organismos mariños

Referencia: CO-0104-2024

Departamento: C01 Bioloxía funcional e ciencias da saúde

CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS
Tipo de contrato: Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da Ciencia).

Duración: indefinida

Número de prazas: 1

Traballo a realizar: Actividades previstas no proxecto MICROCOOL

Funcións a realizar:

  • Cultivo de Rotíferos
  • Cultivo de Artemia
  • Cultivo larvario de mexillón
  • Recompilación e organización de datos de diferentes experimentos
  • Interpretación e discusión dos resultados
  • Redacción de informes

Retribución bruta mensual: 2.183,26 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Data de inicio prevista: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma

Xornada laboral: Tempo completo (37.5 h/semana)

Categoría laboral: Técnica Especialista de apoio á investigación modalidade D (Bacharelato, FP2)

Centro de traballo: Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT)

REQUISITOS E MÉRITOS DOS/AS CANDIDATOS/AS
Titulación requirida: Técnico/a en cultivos acuícolas ou Técnico/a Superior en acuicultura

Méritos a valorar:

  • Experiencia en cultivo larvario de bivalvos
  • Experiencia en cultivo de Rotíferos, Artemia e microalgas
  • Experiencia en redacción de informes
  • Cursos de formación ou especialización relacionados co perfil técnico solicitado
  • Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente a todos/as os/as candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos

Máis información