Técnico/a superior en capitalización do coñecemento científico para mellorar a conservación adaptativa mariña

Denominación do proxecto ou actividade: Contrato indefinido vinculado a liña de investigación

Investigadora principal: Elena Ojea Fernández-Colmeiro

Liña de investigación: Capitalización do coñecemento científico para mellorar a conservación adaptativa mariña

Referencia: Segundo addendas ao contrato

Departamento: X06 Economía aplicada

CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS

Tipo de contrato: Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da Ciencia).

Duración: indefinida

Número de prazas: 1

Traballo a realizar: Capitalización do coñecemento científico para mellorar a conservación adaptativa mariña

Funcións a realizar: En coordinación co grupo Future Oceans Lab, a/o candidata/o levará a cabo as seguintes tarefas aínda que non limitadas a: participación activa en proxectos sobre transferencia de coñecementos científico para promover o papel das Areas Mariñas Protexidas como solución baseadas na natureza para a adaptación e mitigación mariña fronte os impactos do cambio climático. Isto inclue a análise sobre as estratexias de xestión e de riscos climáticos. Deseño e desenvolvemento de índices de vulnerabilidade e risco, selección e análise de variables ambientais identificadas como ameazas, recopilación de datos biolóxicos e ecolóxicos sobre os recursos de interese, e datos socio-económicos. As tarefas implican coordinación de actores e consulta a expertos a través de enquisas, entrevistas e/ou grupos de discusión. Por último, colaborará na elaboración de protocolos metodolóxicos, e ferramentas web para a visualización de resultados, na publicación de artigos científicos, e demais actividades de transferencia.

Retribución bruta mensual: 1.800,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Data de inicio prevista: Condicionada á aprobación definitiva do financiamiento por parte do organismo financiador (Disposición adicional segunda da normativa de contratación de persoal investigador da UVIGO)

Xornada laboral: Tempo completo (37.5 h/semana)

Categoría laboral: Técnico Superior de apoio á investigación modalidade B (Titulación Universitaria Superior)

Centro de traballo: Edificio Olimpia Valencia

Duración do contrato: indefinida

REQUISITOS E MÉRITOS DOS/AS CANDIDATOS/AS

Titulación requirida: Mestrado en ecoloxía mariña, oceanografía, recursos naturais, xestión e ciencias ambientais ou campos afíns

Méritos a valorar:

  • Formación académica relacionada coa descripción do posto de traballo e coñecemento de idiomas (requírese nivel alto de inglés)
  • Experiencia profesional e adecuación do CV da/o cancidata/o as funcións a realizar (Experiencia demostrable nalgún dos seguintes campos: Experiencia no traballo con actores principais do sector mariño (tomadores de decisións, xestores, pesca, academia, etc.), así como a comunicación e divulgación de resultados científicos a ditos actores e público xeral. Experiencia no estudo da xestión de recursos mariños, deseño e efectos das áreas mariñas protexidas, estudos de vulnerabildiade e riscos de , valoración económica de recursos e/ou traballo con índices socio-ecolóxicos. Requírese destreza na análise de datos e programación con R, Phyton ou similar, e uso avanzado de Excel. Valorarase experiencia no eido mariño, o uso de Github ou similar, a análise espacial con R ou GIS, o deseño e realización de enquisas ou talleres participativos, e a comunicación e divulgación de resultados científicos)
  • Carta de Motivación (en inglés e 500 palabras max.) indicando porque o seu perfil é o indicado para o posto e a súa motivación para avanzar na súa carreira profesional neste posto
  • Entrevista persoal (realizarase só ós/ás tres candidatos/as con maior puntuación nos outros epígrafes, poderá non realizarse no caso dun/ha candidato/a único/a)

Máis información aquí.