PTA interna – Técnico de apoio en cultivos mariños

O día 10 de xaneiro publicouse nos rexistros da Universidade de Vigo, a Resolución reitoral de 10 de xaneiro de 2019 pola que se publica a convocatoria para a selección de persoas candidatas para a presentación pola Universidade de Vigo dunha solicitude de axuda para a contratación de persoal técnico de apoio á I+D+i na convocatoria 2018 do Programa Estatal de Promoción do Talento e súa Empregabilidade, do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.

Seleccionaranse persoas candidatas para a solicitude pola Universidade de Vigo ao Ministerio de Economía, Industria e Competitividade de 4 prazas de persoal técnico de apoio, cos perfís e requisitos de acceso que se indican no Anexo I da convocatoria, para os seguintes centros da Universidade de Vigo:

– Centro de Apoio Científico-Tecnolóxico á Investigación (CACTI), 2 prazas.
– Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO), 1 praza.
Centro de Investigacións Mariñas (CIM), 1 praza.

Esta resolución e o seu procedemento para presentar solicitudes, pode ser consultada no taboleiro de convocatorias da Universidade de Vigo co seguinte código: PTA_INTERNA_2018

Pode consultar a convocatoria e o modelo de solicitude en https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/avisos/aviso/show/20894

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto entre o 11 e o 21 de xaneiro, ámbolos dous incluídos.