Project researcher on Marine Protected Areas knowledge transfer for socio-ecological climate adaptation in the Mediterranean Sea

O Future Oceans Lab do Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo lanzará próximamente unha praza de investigador ou investigadora de proxectos.

Debido a que o prazo da próxima convocatoria é axustado, adiantan a descrición xeral da actividade investigadora e a documentación requerida aos futuros investigadores e investigadoras de proxecto para que teñan tempo suficiente e preparen os documentos con antelación para evitar calquera problema técnico. A descrición do posto está neste PDF.

O candidato ou candidata seleccionada encargarase da coordinación das tarefas do proxecto relacionadas coa transferencia de ferramentas de adaptación e mitigación (é dicir, avaliacións da vulnerabilidade climática) e a implicación das partes interesadas no proceso. Para o traballo, contará co apoio da Investigadora Principal e do consorcio do proxecto, a partir de marzo de 2024. A investigación ten como obxectivo mellorar a resiliencia das zonas costeiras mediterráneas con vistas a apoiar o bo estado ambiental e o uso sostible dos ecosistemas mariños.

Os candidatos ou candidatas interesadas deben contar con grandes habilidades técnicas, lingüísticas e de traballo en equipo e deben permanecer atentos xa que a convocatoria lanzarase proximamente, mentres tanto poden preparar a documentación requirida (CV, carta de presentación xunto co resto de materiais seguindo as indicacións deste PDF).

Unha vez aberta a convocatoria, se tes calquera problema ou dúbida, ponte en contacto con futureoceanslab@uvigo.es canto antes indicando no asunto «MPAs_research project application».

Máis información