1. Descrición
A/O candidata/o deberá desenvolver o seu traballo como técnica/o no proxecto de investigación OCIMER+: Enfoque holístico para el cultivo y conservación de Paracentrotus lividus (Lamarck, 1816) financiado pola fundación Biodiversidad na convocatoria Pleamar 21.
A persoa seleccionada encargarase de xestionar, coordinar de dar apoio no desenvolvemento das accións do proxecto OCIMER+, xestión administrativa e económica, redacción de documentos e informes, apoio en tarefas de comunicación ademais de desenvolver actividades de cultivo, marcaxe, repoboación, elaboración de dietas para semente de ourizo de mar, tratamento de resultados e escritura de informes e documentos xustificativos, etc.
2. Requisitos
– Grao en Bioloxía, Ciencias do Mar ou titulacións afíns.
– Carné de conducir B1.
3. Criterios de valoración
Experiencia profesional (60%):
- Experiencia acreditada en xestión e coordinación de proxectos.
- Experiencia profesional acreditada na aplicación da bioloxía á xestión e explotación de recursos mariños.
- Coñecementos acreditados en técnicas de cultivo, técnicas de mostraxe e métodos de estudo da bioloxía de invertebrados mariños.
- Experiencia profesional acreditada en empresas do sector acuícola ou centros de investigación mariña en cultivo de invertebrados mariños.
- Experiencia acreditada en actividades de difusión e transferencia científica no sector pesqueiro.
Formación (10%):
- Cursos de formación o especialización relacionados con el perfil técnico. (10%)
Entrevista (30%):
- A comisión pode convocar a unha entrevista ós/ás candidatos/as que teñan superado unha puntuación superior ó 40% nos apartados de Experiencia e Formación.
4. Condicións
- Contrato laboral grupo 1.
- Adicación: Tempo completo
- Inicio do contrato: Inicios de 2022 (supeditado á firma e condicións do convenio de financiación).
- Salario bruto: Aproximadamente 2000 euros/mes.
- Xornada de traballo semanal: 37,5 horas/semana.
- Duración do contrato: Máximo de 8 meses (período de proba de 3 meses)
- Centro de traballo: Estación de Ciencias Mariñas de Toralla – Illa de Toralla (Coruxo, Vigo).
5. Solicitude e proceso de selección
- As persoas candidatas deben enviar a solicitude (Anexo II) e CV con indicación expresa dos méritos solicitados a ocimer@ecimat.org co asunto: “proxecto OCIMER+ PRAZA TECNICO 3”. (Pódense achegar 1 ou 2 cartas de recomendación)
- Prazo de presentación de solicitudes: ata as 14:00 horas do 20 de decembro de 2021.
- As persoas seleccionadas poden ser convocadas para a entrevista en caso de ser necesaria.
- As persoas seleccionadas para a entrevista en caso de ser necesaria deberán acreditar todos os méritos presentados.
6. Comisión de Avaliación
- Presidente: José Manuel García Estévez
- Vogal 1: Damián Costas Costas
- Vogal 2: Estefanía Paredes Rosendo
- Vogal 3: Ángel Pérez Diz
Prazo de recepción de solicitudes: ata as 14:00 horas do 20 de decembro de 2021
7. Resolución
Candidatos preseleccionadas/os as prazas de técnicas/os de investigación
PRAZA TÉCNICA/O 3
Tourón Besada, Noelia (51,0)
Pereira Cividanes, Sira (46,0)
Marques da Ressurreição, Marta (41,0)
A entrevista coas persoas candidatas preseleccionadas á praza de técnico/a 3 será o próximo luns día 27 de decembro, de maneira non presencial, a partir das 18:00h., sendo convocadas á mesma mediante e-mail.
Rematado o proceso de avaliación para a selección das prazas de técnicas/os de investigación, propoñénse as/os seguintes candidatas/os:
PRAZA TÉCNICA/O 3
Sira Pereira Cividanes