O Centro de Investigación Mariña (CIM-UVigo) en colaboración co centro Atlanttic, no contexto do proxecto “Misión Azul – La investigación marina y el cambio climático”, financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia e Innovación, convoca un proceso selectivo para a contratación dunha persoa Artista 2D/Ilustrador/a coas seguintes características:
Descrición do contrato:
- Duración: 3.5 meses
- Data prevista de inicio: Entre o 1 e 15 de febreiro de 2022
- Xornada de traballo: Tempo completo
- Lugar de traballo: Campus Vigo Lagoas, Marcosende. España
- Salario aproximado: 1628€ brutos
Requisitos:
- Os/as aspirantes deberán cumprir, á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, os seguintes requisitos:
- Ter cumpridos os dezaoito anos e non alcanzar a idade establecida, con carácter xeral, para a xubilación.
- Ter capacidade funcional para o desempeño das tarefas do perfil solicitado.
- Non ser separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado para o desempeño de funcións públicas.
- Grao en Belas Artes, Título Superior de Deseño (con habilidades de ilustración) ou Técnico Superior en Ilustración
- Outras titulacións: máis de 2 anos de experiencia laboral en ilustración demostrable de produtos interactivos.
Criterios de valoración:
- Alta habilidade en ilustración dixital.
- Habilidade para bosquexar e crear conceptos rapidamente.
- Polivalencia tanto para ilustrar personaxes coma escenarios ou obxectos.
- Capacidade para manter a coherencia de estilo coas guías de estilo e marca xa existentes.
- Habilidade para a composición e cor.
- Coñecemento de conceptos básicos de animación.
- Posuír un portafolio de mostra de traballos.
- Valorarase positivamente coñecementos/experiencia en metodoloxías de traballo áxil.
- Valorarase positivamente ter experiencia previa en traballo en equipo en departamentos de arte ou deseño.
Tarefas a realizar
- Colaborar coa Dirección de Arte para a realización de assets necesarios para o xogo.
- Participar na creación de conceptos de personaxes, escenarios e ítems.
- Participar na creación e ilustración do arte promocional do xogo.
- Traballar xunto con todo o equipo para a consecución exitosa do proxecto.
Valoración
- Portafolio 50%
- Currículum 25%
- Entrevista persoal 25%
Presentación de solicitudes
As persoas candidatas deberán enviar un CV, carta de presentación e máis enlace web ao seu portafolio, con mostra de traballos, proxectos e estilos a: misionazul@uvigo.es
Prazo de recepción de solicitudes: 17-12-2021
Resolución
13/01/2022 – Listaxe definitiva de admitidos/as e excluidos/as
17/02/2022 – Resolución definitiva da proposta de contratación