Licenciado/a ou mestrado en Ciencias do Mar ou Bioloxía para a descrición do ciclo reprodutor da ameixa babosa e da cornicha

Denominación do proxecto ou actividade: Descrición do ciclo reprodutor da ameixa babosa (Venerupis Corrugata), do banco marisqueiro de Barra e da cornicha (Spisula Solida) do banco marisqueiro de Baiona e do estudo da efectividade das actividades de remoción mecánica do substrato no banco de Barra (Ría de Vigo).

Investigadora principal: María Elsa Vázquez Otero.

Liña de investigación: Ecoloxía dos recursos marisqueiros

Referencia: CO-0108-2024

Departamento: C04 Ecoloxía e bioloxía animal

CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS

Tipo de contrato: contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da Ciencia).

Duración: indefinida.

Número de prazas: 1

Traballo a realizar: Técnico de apoio á investigación.

Funcións a realizar:
– Procesado de mostras de bivalvos en laboratorio
– Procesado histolóxico e análise de mostras
– Apoio en traballo de campo
– Rexistro de datos obtidos en proxectos de investigación
– Ingreso de resultados en bases de datos
– Análise de datos e elaboración de informes

Retribución bruta mensual: 2.051,94 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias).

Data de inicio prevista: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma

Xornada laboral: Tempo completo (37.5 h/semana)

Categoría laboral: Técnico Superior de apoio á investigación modalidade B (Titulación Universitaria Superior)

Centro de traballo: Facultade de Ciencias do Mar

Duración do contrato: indefinida

REQUISITOS E MÉRITOS DOS/AS CANDIDATOS/AS

Titulación requirida: Mestrado ou Licenciado/a en Ciencias do Mar ou Bioloxía.

Méritos a valorar:

  • Formación específica relacionada co posto. Valorable outros títulos (Grao y /o Máster, Doctorado). Cursos relacionados coas tarefas a desenvolver. Carnet de conducir B indispensable.
  • Experiencia en traballo de laboratorio relacionado coas tarefas a desenvolver (imprescindible como mínimo 2 anos); publicacións científicas e comunicacións a congresos.
  • Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente ós/ás 3 candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos.

Máis información