Investigador/a predoutoral para optimizar a restauración da conectividade fluvial

Denominación do proxecto ou actividade: Optimizando a restauración da conectividade fluvial en escenarios de escasez de datos

Investigador principal: Carlos García de Leaniz Caprile

Departamento: C03 Bioquímica, xenética e inmunoloxía

CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS

Tipo de contrato: Contrato predoutoral (art21 Lei da Ciencia) EPIF (mín 1 ano, máx 4)

Número de prazas: 1

Traballo a realizar: O/A candidato/a axudará a realizar a avaliación do modelado de escenarios de fragmentación (WP2). Traballo de campo e ordenador (estadística, GIS)

Funcións a realizar: Realizar inventarios de barreiras fluviais completos en 4 cuencas representativas de Galicia e rexistrar e fotografar cada barreira natural e artificial (tanto longitudinal como lateral). Comparar os resultados cos rexistros de barreiras oficiais existentes para estimar a incidencia de barreiras obsoletas (abandonadas), a frecuencia de barreiras novas e faltantes, e calcular factores de corrección de arranxo para ter en conta os sesgos das observacións. O traballo tamén incluirá a detección remota de barreiras fluviais utilizando Google Earth para examinar cada cuenca estudada, situando e clasificando todas as barreiras lonxitudinais e laterais visibles utilizando unha metodoloxía estándar. Empregaranse técnicas de aprendizaxe automática e de modelado estadístico para predecir o número de barreiras que faltan e as súas localizacións probables e recalcular varios índices de fragmentación baixo diversos graos de escasez de datos, avaliando os erros e sesgos resultantes mediante simulacións e bootstrapping.

Retribución bruta mensual: 1.690,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Data de inicio prevista: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma

Xornada laboral: Tempo completo (37.5 h/semana)

Categoría laboral: Personal investigador según estatuto Personal Investigador Predoutoral en Formación (Titulación Universitaria Superior)

Centro de traballo: FACULTADE DE BIOLOXIA DE VIGO

Duración do contrato: 12 meses

REQUISITOS E MÉRITOS DOS/AS CANDIDATOS/AS

Titulación requirida: Mestrado en Bioloxía, Xeografía Física ou disciplinas afíns.

MÉRITOS A VALORAR
– Méritos xerais: Formación académica e expediente académico.
– Coñecemento da GIS, ecoloxía fluvial e experiencia no traballo de campo.
– Experiencia en análise de datos con R e/o Python.
– Experiencia laboral ou académica en ADN ambiental/metabarcoding
– Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente ós/ás 5 candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos.

Máis información