Técnico/a de programación en R e GIS para proxecto de Bioloxía

REFERENCIA DA OFERTA 1623-117275

Denominación do proxecto ou actividade Contrato indefinido vinculado á liña de investigación

Investigadora principal Sara Varela González

Liña de investigación Bioxeografía

Departamento C04 Ecoloxía e bioloxía animal

CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS

Tipo de contrato Contrato de actividades científico-técnicas (art 23bis Lei da Ciencia). Duración indefinida

Número de prazas 1

Traballo a realizar Técnico/a de programación en R e GIS para proxecto de Bioloxía

Funcións a realizar A persoa contratada traballará dentro do equipo de investigación de Mapas Lab, e será a persoa responsable de programar unha serie de modelos en R para entender como evolucionan as especies no tempo e no espazo, así como de correr unha serie de experimentos para entender como diversifican as especies. A base deste modelo está lista (https://github.com/project-xene3sis). Un dos obxectivos deste traballo é crear unha interface user-friendly para este modelo. Ademáis, se necesita que a persoa candidata teña experiencia traballando con formatos GIS. O posto de traballo require que á persoa contratada disfrute do traballo en equipo nun ambiente internacional, co inglés como lengua de traballo cotián.

Retribución bruta mensual 2.800,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Data de inicio prevista A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma

Xornada laboral Tempo completo (37.5 h/semana)

Categoría laboral Investigador/a modalidade B (Titulación Universitaria Superior)

Centro de traballo FACULTADE DE BIOLOXIA DE VIGO

Duración do contrato indefinida

REQUISITOS E MÉRITOS DOS CANDIDATOS/AS

TITULACIÓN REQUIRIDA Licenciatura/Grao en Ciencias

MÉRITOS A VALORAR
1. Experiencia laboral en investigación, valorando especialmente ter unha tese doutoral en ciencias, ou experiencia previa en proxectos de investigación, ou en equipos de desenvolvemento de software. Enviarase un CV (extensión máxima de 2 páxinas) especificando en que funcións, software e proxectos participouse e cal foi a súa contribución específica en cada caso.
2. Alto nivel de inglés
3. Experiencia programando (o traballo será en R) e experiencia en GIS
4. Carta de motivación (máximo: 1 páx.) na que se expoñerán os motivos polos que a persoa candidata quere traballar en MAPAS Lab e se especificarán dúas persoas de referencia xunto cos seus datos de contacto (adxuntar a carta nun pdf agregado ao CV).
5. Entrevista persoal. A entrevista será realizada en inglés e nela farase unha proba de programación.

Máis información