Investigador/a de apoio para traballo sobre o efecto da temperatura sobre o desenvolvemento embrionario e larvario de Solea senegalensis

Denominación do proxecto ou actividade: Estudo do efecto da temperatura sobre o desenvolvemento embrionario e larvario de Solea senegalensis.

Investigadora principal: Paloma Morán Martínez.

Referencia: IN-0110-2024

Departamento: C03 Bioquímica, xenética e inmunoloxía.

CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS

Tipo de contrato: Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses).

Número de prazas: 1

Traballo a realizar: Apoio para un traballo sobre o efecto da temperatura sobre o desenvolvemento embrionario e larvario de Solea senegalensis.

Funcións a realizar:

  • Recompilación, organización de datos e análises estatísticos de diferentes experimentos.
  • Interpretación e discusión dos resultados.
  • Redacción de informes.

Retribución bruta mensual: 1.099,77 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias).

Data de inicio prevista: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma.

Xornada laboral: 20 horas/semana.

Categoría laboral: Investigador/a modalidade B (Titulación Universitaria Superior).

Centro de traballo: Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo.

Duración do contrato: 3 meses e 28 días.

REQUISITOS E MÉRITOS DOS/AS CANDIDATOS/AS
Titulación requirida: Licenciatura/grao bioloxía.

Méritos a valorar:

  • Formación académica e experiencia investigadora nos últimos 5 anos en bioloxía reprodutiva, manexo de gametos, larvas, etc. de organismos mariños.
  • Experiencia acreditada nas técnicas necesarias para o desenvolvemento das funcións a realizar.
  • Experiencia na redacción de informes e participación en proxectos de investigación de acuicultura mariña nos últimos 5 anos.
  • Cursos de formación ou especialización relacionados co perfil técnico solicitado. Divulgación e organización de eventos.
  • Coñecemento do inglés.
  • Entrevista personal

Máis información aquí.