Informático – grupo de Xeotecnoloxías Aplicadas

O grupo de investigación de Ecoloxía costeira (EZ1) do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal e o grupo de Xeotecnoloxías Aplicadas do Departamento de Enxeñería dos Recursos Naturais e Medio Ambiente, ofrece un contrato de Informático dentro do proxecto: “Mejora de la gestión, seguimiento y mantenimiento de la biodiversidad en áreas marinas protegidas mediante técnicas geoespaciales automatizadas de bajo coste para la monitorización y cartografiado de hábitats intermareales (ALGANAT2000)”, coa colaboración da Fundación Biodiversidade, do Ministerio para a Transición Ecolóxica, a través do Programa PLEAMAR, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).

Perfil técnico

  • Desenvolvemento de software xeoespacial.
  • Sistemas de Información xeográfica.
  • Bases de Datos espaciais

Condicións do contrato

  • Relación laboral: Contrato de investigación.
  • Duración: 11 meses, prorrogable.
  • Data prevista de incorporación: 01/02/2019.
  • Xornada laboral: Completa.
  • Lugar de traballo: Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía, Campus da Universidade de Vigo.
  • Salario mensual bruto: En función da valía do candidato.

Os candidatos deben enviar CV (en formato pdf) e unha carta de presentación a Higinio González (higiniog@uvigo.es).

Data límite: 20 xaneiro 2019.