Convócanse as seguintes prazas para a contratación laboral temporal de persoal investigador para o reforzo das liñas de investigación do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM-UVigo):
- Praza 1: Contrato de investigación pre-doctoral: «Centro Singular: EPHYSLAB 1-2019» – Reforzo da Liña de investigación do CIM «Observación do océano e cambio global».
- Praza 2: Contrato de investigación post-doctoral “Centro Singular: FB2 1-2019” Reforzo da Liña de investigación do CIM «Explotación sostible dos recursos mariños».
Nos seguintes enlaces pode consultar o procedemento de selección para a contratación, mediante contrato en Réxime temporal, de persoal de investigación para o CIM-UVigo, as liñas e as características que contén as prazas ofertadas (ver convocatoria) e o documento de solicitude.
- Convocatoria Prazas PAI CIM 01 2019 (PDF).
- Anexo II.
- Listaxe provisional de adxudicación_CIM 01-2019 (PDF, 281KB).
- Listaxe definitivo de admitidos e excluídos CIM 01-2019 (PDF, 273KB).
- Listaxe definitiva de adxudicación CIM 01-2019 (PDF, 320 KB).