Contrato posdoutoral en ecoloxía das comunidades microbianas mariñas

O Grupo de Oceanografía Biolóxica (GOB) do Centro de Investigación Mariña (CIM, Universidade de Vigo) ofrece un contrato posdoutoral a cargo do proxecto:

PID2019-110011RB-C33 TRAITS: Towards the identification of functional groups of marine prokaryotes in carbon and nutrient utilization

Condicións xerais:

  • Duración: 1.5 anos (posibilidade de extensión por 6 meses máis)
  • Data prevista de inicio: Verán do 2021
  • Xornada de traballo: Tempo completo
  • Lugar de traballo: Facultade de Ciencias do Mar, Universidade de Vigo.

Requisitos:

  • Doutoramento nalgunha área biolóxica, con énfase en microbioloxía, ecoloxia, bioloxía molecular ou bioinformática.
  • Forte motivación para a investigación.
  • Experiencia no campo do funcionamento das comunidades microbianas: capacidade para interpretar a bioloxía microbiana e os patróns ecolóxicos.
  • Experiencia sólida na análise de conxuntos de datos de -ómicas: coñecemento de R, estatísticas e ferramentas de trazado.
  • Dominio do inglés.
    
    

Solicitude

As persoas interesadas deben enviar o seu CV a Dr. Sandra Martínez García sandra@uvigo.es

A oferta manterase aberta ata atopar candidato.

No seguinte enlace atópase información sobre o proxecto e sobre as caracterísiticas da plaza ofertada.

Postdoc announcement TRAITS_Uvigo