Contrato de técnico de investigación en Ecoloxía Evolutiva de Peixes – grupo GEA

O grupo de investigación GEA (Grupo de Ecoloxía Animal) do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo oferta un contrato de técnico de investigación en Ecoloxía Evolutiva de Peixes no marco do Proxecto de Excelencia ED431F 2017/07 das Axudas do Programa de Consolidación e Estruturación de Unidades de Investigación Competitivas (Xunta de Galicia).

Requisitos

  • Licenciado en Bioloxía, Ciencias do Mar ou Técnico Superior.
  • Experiencia previa como técnico no estudo de peixes.
  • Nivel básico de inglés.

Criterios de valoración

  • Curriculum vitae.
  • Entrevista persoal.
  • Acreditación e cursos de experimentación animal

Descrición do traballo:

  • Contrato a tempo completo (40 horas/semana).
  • Salario bruto: 1100 euros/mes.
  • Duración do contrato: 7.5 meses prorrogables (inicio 16/03/2020).
  • Centro de traballo: Torre CACTI, Fonte das Abelleiras, s/n. Campus Universitario de Vigo. 36310 Vigo (Pontevedra)
  • Traballo a desenvolver: Mantemento dos sistemas de acuarios (limpeza e coidado de peixes) e tarefas apoio á investigación (observación, análises de vídeos, manexo de datos, etc.).

Solicitude

O prazo de envío de solicitudes remata as 14:00 horas do 24 de febreiro de 2020.

Mais información sobre os requisitos e as condicións do contrato no seguinte enlace: http://gea.uvigo.es/positions