O laboratorio de Física ambiental (EPHYSLAB) do CIM-UVigo oferta un contrato de investigación predoutoral baixo o proxecto «ANÁLISIS LAGRANGIANO DEL IMPACTO EN EL CICLO HIDROLÓGICO GLOBAL DE LOS PRINCIPALES MECANISMOS DE TRANSPORTE DE HUMEDAD ATMOSFERICA» (LAGRIMA), RTI2018-095772- B-I00
Condicións xerais:
- Duración: 12 meses
- Data prevista de inicio: Marzo 2020
- Xornada de traballo: A tempo completo (40 horas semanais)
- Posibilidade de renovación: Si
- Retribución: aprox. 1.200 € brutos/mes.
- Traballo de investigación para o proxecto LAGRIMA
Requisitos:
Os aspirantes deberán cumprir, á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, os seguintes requisitos:
Requisitos xerais:
- Ter cumpridos os dezaoito anos e non alcanzar a idade establecida, con carácter xeral, para a xubilación.
- Ter capacidade funcional para o desempeño das tarefas do perfil solicitado.
- Non ser separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado para o desempeño de funcións públicas.
Requisitos específicos (obrigatorios):
- Licenciado ou graduado en Meteoroloxía ou titulacións afíns (nota superior a 8.0).
- Máster en Meteoroloxía ou titulacións afíns (nota superior a 8.0).
- Experiencia e coñecementos de programación.
- Interese en realizar unha Tese de Doutoramento na temática do proxecto
Avaliación:
Fase I: Valoración de Currículo (0-10 puntos): Expediente académico (60%), Experiencia técnica (35%), Outros méritos (5%)
Fase II: Entrevista (0-10 puntos). Se se considerase necesario para aqueles candidatos que superen 6 puntos na Fase I.
Comisión de Avaliación:
Formada por Investigadores participantes no proxecto LAGRIMA.
Data límite de recepción de candidaturas: 20/12/2019
Entrega de documentación por correo electrónico a: ephyslab@uvigo.es
Documentación a presentar:
- Carta de presentación, na que se inclúa nome, DNI, Teléfono e e-mail de contacto.
- Currículo vitae
- Expediente académico
- Documentos acreditativos dos requisitos e méritos recolleitos no CV