Contrato de apoio á investigación no proxecto PASOS – Plan de Acción para a Promoción da Investigación e Innovación Responsable no Ámbito Mariño a Través das Entidades de Economía Social

Ofértase un contrato de apoio á investigación no marco do proxecto PASOS – Plan de Acción para a Promoción da Investigación e Innovación Responsable no Ámbito Mariño a Través das Entidades de Economía Social, financiado pola Rede EUSUMO, da Consellería de Traballo e Igualdade.

Condicións do Contrato:

  • Tipo de contrato: temporal
  • Duración estimada: 7’5 meses
  • Data estimada de inicio do contrato:  Segunda quincena xaneiro de 2022
  • Retribución: 1.200€ brutos mensuais
  • Tipo de xornada: a tempo parcial (25 horas semanais)

Traballo a realizar:

A persoa seleccionada encargarase de dar apoio no desenvolvemento das accións do proxecto PASOS ós dous centros de investigación participantes no mesmo, o Centro de Investigación Mariña (CIM) e o Centro de Investigación ECOBAS. Algunhas das tarefas serán:

  • Xestión administrativa e económica
  • Redacción de documentos e informes
  • Apoio en tarefas de RRI e comunicación

Requisitos xerais de admisión

Para seren admitidas neste proceso selectivo, as persoas aspirantes deberán presentar a súa solicitude dentro do prazo establecido nesta convocatoria, e posuír os seguintes requisitos na data de remate do prazo de presentación de solicitudes, manténdoos durante todo o proceso selectivo:

  • Ser nacional dalgún Estado membro da Unión Europea, cónxuxe ou descendente, segundo o establecido legalmente. As persoas que sexan nacionais de estados distintos dos anteriores poderán tamén participar se se atopan legalmente en España e dispoñen do documento que as habilite para residir e acceder sen limitación ao mercado de traballo. Neste caso, a acreditación realizarase no momento de formalizar o contrato.
  • Ser maior de idade e non ter acadada a idade de xubilación.
  • Posuír un título de graduado/a, licenciado/a ou equivalente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión da credencial da súa homologación.
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas desta categoría.
  • Non ter sido obxecto de separación nin estar incurso en inhabilitación nos termos establecidos pola Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público.
  • Acreditar un nivel alto de coñecemento e uso da lingua galega

Méritos valorables

  • Experiencia en xestión administrativa e/ou económica de proxectos
  • Experiencia laboral en postos similares na Universidade de Vigo
  • Experiencia na redacción de informes
  • Nivel de inglés intermedio (asimilable a un B1) ou superior
  • Experiencia en proxectos de ámbito mariño

Proceso de selección

Realizarase en base á información recibida, aplicándose a seguinte valoración:

  • Currículo – 60%
  • Entrevista persoal – 40%

Comisión de avaliación

O proceso selectivo será resolto por unha comisión formada pola Investigadora Principal do proxecto, Mercedes Mareque, e por membros dos equipos de dirección e xestión dos Centros de Investigación implicados, CIM e ECOBAS.

Presentación de candidaturas

  1. Para tomar parte neste proceso de selección deberase enviar un currículo actualizado, xunto cunha carta de presentación, ó enderezo pasos@uvigo.es, antes do día 17 de decembro de 2021.
  2. As persoas que resulten seleccionadas poderán ser convocadas para realizar unha entrevista persoal en modalidade presencial ou virtual.
  3. Unha vez rematado o prazo de solicitude, publicarase unha listaxe de admisións e exclusións, de habelas, indicándose o motivo das mesmas, e abrirase un período de subsanación de 5 días naturais.
  4. Rematado o período de subsanación, publicarase a listaxe definitiva de admisións e exclusións e comezarase coa fase de valoración de candidaturas e de entrevistas persoais, e seleccionarase á persoa óptima para o posto.
  5. O resultado da selección publicarase en forma de listaxe, indicándose a persoa seleccionada e as persoas en reserva, e abrirase un período de reclamacións de 5 días naturais. De haber algunha, transcorrido ese tempo publicarase novamente a listaxe definitiva de selección e reservas.

Prazo de recepción de solicitudes: 17-12-2021

Resolución