REFERENCIA DA OFERTA 1023-110792
Denominación do proxecto ou actividade Programa de Ciencias Mariñas-Plan Complementario de I+D+i
Investigador principal Daniel Rey García
Liña de investigación Referencia CienciasMariñas-MRR
Departamento C10 Xeociencias mariñas e ordenación do territorio
Partida orzamentaria C286131HMRR6450211
CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS
Tipo de contrato Contrato de duración determinada vinculado a programas financiados con Fondos Europeos, adicional 5ª RD32/2021 de 28/12)
Traballo a realizar
Técnico/a de I+D de Apoio no Paquete de Traballo 11 do PC CC MAR CULTURA CIENTÍFICA,
TRANSFERENCIA E CAPACITACIÓN COMO FERRAMENTAS DE TRANSFORMACIÓN SOCIAL
PARA O DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE DE GALICIA NO ÁMBITO MARIÑO
Funcións a realizar
En dependencia da Dirección do Campus do Mar, o/a candidato/a levará a cabo as seguintes actividades: (a) planificar, xestionar e supervisar as tarefas do proxecto en coordinación coas entidades socias; (b) levantamento e catalogación de datos mediante revisión bibliográfica, enquisas, entrevistas e paneis de expertos; (c) preparar e asistir ás reunións, redes de entidades e grupos de traballo; (d) desenvolvemento e seguimento de cursos de formación para a promoción da cultura científica e a transferencia nas Ciencias do Mar (incluindo guías); (e) seguimento do orzamento e xustificación técnica e económica do paquete de traballo; (f)prestar apoio complementario en tarefas de coordinación e organización de proxectos relacionados do Campus do Mar incluindo a promoción e organización de eventos, reunións, obradoiros e tarefas de comunicación, difusión e divulgación (g) manexar ferramentas web e redes sociais e editar contidos relacionados co proxecto nestas canles (h) dispoñibilidade para
viaxar
Retribución bruta mensual 2.400,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Data de inicio prevista A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma
Xornada laboral Tempo completo (37.5 h/semana)
Categoría laboral Investigador modalidade B (Titulación Universitaria Superior)
Centro de traballo FACULTADE DE CIENCIAS DEL MAR DE VIGO
Duración do contrato 27 meses
REQUISITOS E MÉRITOS DOS CANDIDATOS
TITULACIÓN REQUIRIDA Grao ou Licenciatura en Periodismo ou titulacións superiores afíns
MÉRITOS A VALORAR
1. Méritos xerais: Formación adecuada ao posto e experiencia profesional acreditada (adicional ao mínimo requerido)
2. Méritos específicos a valorar: (a) Formación acreditada en ferramentas para a elaboración de materiais didácticos e multimedia; (b) Experiencia en transferencia e divulgación do coñecemento
aos diferentes axentes socioeconómicos vinculados ao medio mariño a nivel rexional, nacional e internacional; (c) Experiencia en investigación de mercado (enquisas, focus groups, etc); (d) Outro
tipo de formación ou experiencia relevante.
3. Entrevista persoal (3 candidatos máximo)