Size matters, at least speaking about phytoplankton

O martes 15 de decembro ás 11h, Cristina Fernández, investigadora predoutoral do Grupo de Oceanografía Biolóxica do CIM-UVigo, presentará dentro do ciclo “Café con Sal” o relatorio Size matters, at least speaking about phytoplankton.

Por que importa que unha célula sexa grande ou pequena? Fai máis dun século que o tamaño preocupa á comunidade científica tanto que, a día de hoxe, seguimos sen saber responder con certeza a esa pregunta. Con todo, hai accións que determinan a preferencia por un tamaño ou outro como a perda de calor, a depredación ou a adquisición de alimentos. Todos eles combinados describen as reaccións e taxas metabólicas de cada organismo.

A principios dos anos 30, un biólogo suízo chamado Max Kleiber estableceu unha regra que perduraría ata os nosos días asentada como un alicerce en bioloxía. A regra de Kleiber ditaminou que a taxa metabólica dun organismo é proporcional ao seu tamaño elevado a 3/4, de modo que, se un organismo duplica o seu tamaño a súa taxa metabólica non se duplicará senón que aumentará un pouco menos. Esta regra foi comprobada para gran cantidade de especies, pero segue sendo un gran enigma para un dos grupos de organismos máis pequenos que coñecemos, o fitoplancto.

A conferencia será realizada de xeito virtual, sendo retransmimtida en directo través do Campus Remoto da Universidade de Vigo. Para acceder, siga as seguintes intruccións:

  1. Premer a URL de acceso á sala virtual ” S00-Auditorio Principal”: https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/928607699
  2. Acceder como estudante coa seguinte contrasinal:  6rAsLWyz
  3. Seleccionar a modalidade de acceso con micrófono e silenciar o mesmo ata o turno de preguntas.

O relatorio estará dispoñible de forma permanente nas webs e canais do CIM-UVigo e UVigoTV.

 

 

Vídeos