Shell color polymorphism in the sea snail Littorina fabalis: an evolutionary perspective

O xoves 11 de xuño o investigador e catedrático de xenética pola Universidade de Vigo Dr. Emilio Rolán presentou dentro do programa Café con Sal a ponencia «Shell color polymorphism in the sea snail Littorina fabalis: an evolutionary perspective». 

A charla desentrañará os procesos biolóxicos responsables dun polimorfismo extremo de cor da cuncha observado en poboacións naturais galegas da especie de caracol do intermareal Littorina fabalis. Ademais do coñecido efecto da depredación selectiva por certas especies, a investigación descobre un proceso orixinal do cal non se coñece un exemplo similar na natureza: a tendencia dos individuos a aparearse con aquel que ten unha cor distinta ao seu propio. A charla aborda este novo proceso explorando como se produce e como puido evolucionar.

Emilio Rolán goza actualmente dun proxecto do Ministerio sobre investigación básica baixo o título «Causas e consecuencias da preferencia na elección de parella en poboacións naturais», que codirixe co Dr. Antonio Carvajal e no que participan diversos investigadores da universidade de Vigo e doutras universidades estranxeiras.

Vídeos