II Edición do curso «Introdución ás ferramentas bioinformáticas para investigación»

Tras o éxito da pasada edición, o día 5 de xullo de 2019 celebrarase na ECIMAT o “II Curso de Introdución ás ferramentas bioinformáticas para investigación“, organizado pola Plataforma de Bioinformática do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) e impartido por Jorge Amigo e Alberto Molares, técnicos bioinformáticos da plataforma.

O curso está dirixido preferentemente a investigadores/as en ciencias mariñas que necesiten mellorar as súas habilidades no manexo de grandes bases de datos de información biolóxica e no uso de grandes volumes de datos. No curso mostraranse as ferramentas bioinformáticas máis usadas e de acceso libre, para o manexo de datos xenómicos, transcriptómicos, proteómicos, etc.

A actividade formativa, de 4 horas de duración, é gratuíta para os destinatarios e transcorrerá en horario de mañá de 10:00 a 14:00. O aforamento será limitado a 15 alumnos. As inscricións estarán abertas ata o 2 de xullo de 2019. Para matricularse é necesario enviar un correo electrónico co seu nome e afiliación actual a amolares@hotmail.com, co asunto «Curso Bioinformática 2019».