O día 1 de xuño Elena Ojea, investigadora pos-doutoral da Universidade de Vigo e responsable do grupo “Future Oceans Lab”, presentou a conferencia «Climate Adaptation to Shifting stocks«.
Durante a charla, Elena Ojea presentou o marco xeral do Proxecto “CLOCK: climate Adaptation to shifting stocks”, unha ERC Starting Grant que se desenvolveu no grupo de Future Oceans Lab da Universidade de Vigo, cuxo obxectivo principal é o de demostrar, mediante casos de estudio, as implicacións da re-distribución de especies fronte ao cambio climático e a súa adaptación a xestión pesqueira. Elena Ojea presentou ademáis o exercicio concreto que desenvolveu coa Universidade de Santa Barbara, aplicado a unha rede especial de reservas mariñas na rexión das Channel Islands.
Para máis información sobre o traballo presentado pode ler o artigo publicado no blogue da ECIMAT «Diseñando redes de reservas marinas para hacer frente al cambio climático»
Vídeos
- Presentación Alba Hernández (ECIMAT)
- Conferencia Elena Ojea (UVigo)
- Debate Elena Ojea (UVigo)