Unraveling cancer evolution through transmissible cancers

O vindeiro xoves 3 de maio, Alicia L. Bruzos, estudante de doutoramento do Mobile Genomes Lab da Universidade de Santiago de Compostela, presentou a conferencia «Unraveling cancer evolution through transmissible cancers«, na que presentou os últimos resultados da súa investigación, centrada na identificación das causas xenéticas da transmisibilidad do cancro.

Utilizando cancros transmisibles de berberechos como modelo,o traballo de Alicia revela a evolución das células cancerosas e como se adaptan á súa contorna, xa sexa no propio organismo hospedador ou na contorna externa. Esta investigación abre a porta a posibles novas estratexias alternativas e terapéuticas tanto en animais como en humanos.

O traballo de Alicia é parte dun estudo dirixido por José Tubio e financiado por unha Starting Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC). O doutoramento de Alicia finánciase a través do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade ( MINECO) cun contrato predoctoral.

Vídeos