Praza de persoal investigador para o reforzo da liña de investigación «Explotación sustentable dos recursos mariños» – Praza CIM – 03 – 2019

O Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM-UVigo) convoca unha praza para a contratación laboral temporal de persoal investigador para o reforzo da liña de investigación «Explotación sustentable dos recursos mariños». O candidato seleccionado traballará como técnico de apoio á investigación no grupo de investigación Future Oceans Lab (FOL) baixo o proxecto “CLOCK: Climate Adaptation to Shifting Stocks”.

No seguinte documento pode consultar os requisitos dos solicitantes, e os procedementos de solicitude, selección e resolución da presente convocatoria. No Anexo I do documento especifícanse as características que contén a praza ofertada.

Máis información na páxina web do Future Oceans Lab