O martes 21 de maio, María Oliviero e Simona Schiavo, investigadoras do Centro de Investigación ENEA – Portici Research Centre (Italia), presentaron, dentro do ciclo «Café con Sal», a conferencia «Efectos tóxicos dos microplásticos no medio mariño«, na que resumiron o impacto que teñen os microplásticos nos organismos mariños, centrándose nos efectos ecotóxicos e xenotóxicos do plástico e os seus aditivos sobre as larvas plantónicas mariñas, e como este impacto podería afectar a niveis tróficos superiores.
A produción global anual de plástico é de ao redor de 300 millóns de toneladas e constitúe unha das maiores preocupacións para o medio ambiente. Os microplásticos están presentes no medio mariño desde a superficie do mar ata os sedimentos. Neste contexto e coa axuda do programa ASSEMBLE Plus, o proxecto GECOPLAST, no que participan ambas poñentes, ten como obxectivo avaliar a ecotoxicidade e xenotoxicidade dos microplásticos e os seus aditivos en larvas mariñas.
A conferencia tivo lugar ás 11.00h no salón de Actos da ECIMAT e será retransmitida en directo en http://tv.uvigo.es/es/directo/1.html, estando posteriormente dispoñible en UVigoTV e na sección de conferencias realizadas da nosa web.
Vídeos
- Presentación de María Oliviero e Simona Schiavo Alba Hernández - ECIMAT, CIM-UVigo.
- Conferencia: Toxic effects of microplastics in marine environment María Oliviero e Simona Schiavo, Portici Research Centre (Italia)
- Turno de preguntas María Oliviero e Simona Schiavo, Portici Research Centre (Italia)