O xoves 27 de setembro, Alberto Gutiérrez, estudante de doutoramento da Universidade de Vigo, presentou dentro do programa Café con Sal parte dos resultados da súa tese doutoral coa charla «Response of bacterioplankton to anthropogenic nutrient enrichment in a dynamic coastal system: Ría de Vigo”.
A tese doutoral de Alberto Gutiérrez, dirixida por Emilio Fernández e Eva Teira (Grupo de Oceanografía Biolóxica da Universidade de Vigo) e titulada “Effect of increasing nutrient inputs on the community structure of prokaryotic plankton using sequencing techniques” pretende identificar os taxóns procariotas do plancto que responden ás variacións de nutrintes aportados polos ríos e pola deposición atmosférica, describir as súas respostas en diferentes estacións e crear un modelo predictivo que permita predecir cómo variará a estructura da comunidade procariota en función do futuro incremento de nutrintes na costa.
Durante a conferencia Alberto Gutiérrez presentou a metodoloxía empregada e algúns dos resultados acadados ata o momento.
Vídeos
- Presentación de Alberto Gutiérrez Alba Hernández, CIM-UVigo
- Conferencia Alberto Gutiérrez, Oceanografía Biolóxica, CIM-UVigo
- Quenda de preguntas