Comparative criopreservation of Molluscs

O xoves 8 de novembro, Estefanía Paredes, responsable do Servizo de Preservación Funcional de Recursos Biolóxicos Mariños da ECIMAT, presentou dentro do programa Café con Sal a ponencia «Comparative criopreservation of Molluscs”.

O Servizo de Preservación Funcional de Recursos Biolóxicos Mariños da ECIMAT está a desenvolver grandes avances na criopreservación de moluscos. O traballo realizado enmárcase dentro da actividade de investigación «Cryobanking of marine organisms» do proxecto «Assemble plus» (Pograma H2020) e ten como obxectivo principal conseguir a criopreservación de diferentes tipos de células mariñas, entre elas moluscos.

Este servizo é pioneiro na criopreservación de larvas da ameixa Venerupis corrugata a curto prazo e no estudo a longo prazo da criopreservación da semente do mexillón Mytillus galloprovincialis, desde a fase de conxelación ata a de produción. Os resultados acadados nesta estudio comparado de moluscos, xunto coa experiencia previa dos investigadores e da literatura existente, permitirá detectar os puntos fortes e débiles dos moluscos durante o proceso de criopreservación, detectar factores que determinan a supervivencia e mellorar os procolos para incrementar a supervivencia. Os resultados están a ser orientados cara as súas aplicacións máis importantes como son a acuicultura, a investigación e a conservación, repoboación e o manexo de pesquerias.

No servizo de Preservación Funcional dos Recursos Biolóxicos Mariños se enmarca a tese de Pablo Heres, estudante de doutoramento do grupo de Ecoloxía Costeira da Universidade de Vigo, dirixido por Estefanía Paredes e Jesús S. Troncoso. Durante a conferencia, Estefanía Paredes expoñerá a metodoloxía empregada e algúns dos resultados acadados ata o momento e as liñas de traballo innovadoras que están a por en marcha.

Vídeos