A candidatura das Illas Cíes como patrimonio mundial natural Unesco levará o aval científico de Campus do Mar

A Universidade de Vigo, a través de Campus do Mar, sumouse hoxe á iniciativa que no ano 2013 puxo en marcha o Concello de Vigo, que promove e lidera a proposta de candidatura das Illas Cíes como patrimonio mundial natural Unesco. Salustiano Mato e Abel Caballero asinaron este mediodía, nas dependencias da antiga Reitoría que a Universidade ocupará ata a finalizacións das obras da súa sede institucional no Berbés, un convenio de colaboración ao abeiro do que ambas institucións traballarán conxuntamente no desenvolvemento das accións de reforzo científico-técnico do expediente da candidatura das Illas Cíes como patrimonio mundial natural Unesco. “Este é un salto cualitativo porque agora, tras varios anos apoiando a iniciativa do Concello, trátase de achegar as evidencias científicas e tecnolóxicas para que a candidatura poda ser viable”, explicou Mato, que destacou que nada mellor que contar coa agrupación científica que aglutina Campus do Mar para dar valor e evidencias científicas á proposta. Pola súa banda, o alcalde de Vigo, Abel Caballero asegurou que o aval científico do campus de excelencia internacional da Universidade de Vigo “é o máis importante que pode ter calquera universidade do mundo, porque en ciencias mariñas Campus do Mar agrupa a algúns dos investigadores máis salientables do planeta”. A Universidade de Vigo, a través de Campus do Mar, sumouse hoxe á iniciativa que no ano 2013 puxo en marcha o Concello de Vigo, que promove e lidera a proposta de candidatura das Illas Cíes como patrimonio mundial natural Unesco. Salustiano Mato e Abel Caballero asinaron este mediodía, nas dependencias da antiga Reitoría que a Universidade ocupará ata a finalizacións das obras da súa sede institucional no Berbés, un convenio de colaboración ao abeiro do que ambas institucións traballarán conxuntamente no desenvolvemento das accións de reforzo científico-técnico do expediente da candidatura das Illas Cíes como patrimonio mundial natural Unesco. “Este é un salto cualitativo porque agora, tras varios anos apoiando a iniciativa do Concello, trátase de achegar as evidencias científicas e tecnolóxicas para que a candidatura poda ser viable”, explicou Mato, que destacou que nada mellor que contar coa agrupación científica que aglutina Campus do Mar para dar valor e evidencias científicas á proposta. Pola súa banda, o alcalde de Vigo, Abel Caballero asegurou que o aval científico do campus de excelencia internacional da Universidade de Vigo “é o máis importante que pode ter calquera universidade do mundo, porque en ciencias mariñas Campus do Mar agrupa a algúns dos investigadores máis salientables do planeta”. 

Trala sinatura deste convenio, a Universidade de Vigo, a través de Campus do Mar, coordinará o comité científico da candidatura, ademais de encargarse de validar cientificamente as accións que se deseñen e desenvolvan, ao tempo que colaborará na xustificación científica sobre a que asenta o cumprimento dos criterios Unesco das Illas Cíes para ser declaradas patrimonio mundial. O campus de excelencia internacional da Universidade de Vigo tamén apoiará o deseño e desenvolvemento de estratexias que promovan a execución de estudios científico-técnicos que reforcen o coñecemento do arquipélago e a súa contorna, no marco de traballos fin de carreira, así como establecendo prácticas reguladas nos programas de grao universitarios vinculados a Campus do Mar. A colaboración no deseño e organización de actuacións de difusión científico-técnicas da candidatura ou a difusión de accións, fomentando a maior participación académica e científica posible en torno á candidatura, son outras accións recollidas no convenio de colaboración asinado hoxe nun acto no que tamén participou o director de Campus do Mar, Emilio Fernández e os docentes da Universidade de Vigo e tamén representantes políticos, Ángeles Marra, María José Caride e Jaime Aneiros.

Un novo paso no proceso de consecución do patrimonio mundial

Tanto o reitor como o alcalde de Vigo destacaron o valor de que ambas as dúas institucións colaboren na consecución dun recoñecemento para o que Caballero considera que as Illas Cíes “cumpre dos requisitos sobradamente”. O alcalde, que criticou e demandou á Xunta de Galicia a retirada da candidatura do Parque Nacional das Illas Atlánticas por “obstrucionista e enganosa”, asegurou que “foi enormemente doado acadar a concienciación colectiva da importancia da consecución do patrimonio mundial natural Unesco para as Illas Cíes”. Pola súa banda, o reitor, que apelou a traballar en conxunto e destacou que “a clave son as Illas Cíes”, reiterou a disposición da institución académica a apoiar todo aquilo que “é bo para Vigo e para Galicia”.

Estrea de dependencias provisionais na antiga Reitoría

A sinatura do convenio tivo lugar este mediodía nun dos espazos que a Universidade de Vigo ocupará de xeito provisional no edificio da antiga Reitoría da rúa Oporto, que abandonará unha vez que se remate, “en ano e medio”, sinalou o reitor, a construción da nova sede institucional de O Berbés, no casco vello de Vigo. “Estar pegados á cidadanía foi sempre un dos anhelos deste equipo de Goberno”, lembrou Salustiano Mato, que agradeceu ao alcalde a cesión temporal “deste cachiño” do edificio que albergou a Reitoría á Universidade de Vigo. Para Abel Caballero, que recoñeceu estar emocionado pola volta do reitor ao seu despacho, “este é un día importante para a cidade”, ao tempo que asegurou que este é o xeito de que a institución poida, aínda, facerse máis visible.

Fonte: DUVI