Denominación do proxecto ou actividade: Grupo XB2
Investigador principal: Armando Caballero Rúa
Departamento: C03 Bioquímica, xenética e inmunoloxía
CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS
Tipo de contrato: Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses)
Número de prazas: 1
Traballo a realizar: Mantemento de poboacións experimentais de Drosophila melanogaster e análise bioinformática de datos de Drosophila con especial énfase na caracterización funcional de mutacións
deletéreas e purga xenética
Funcións a realizar: Mantemento de stocks de Drosophila e análise bioinformático
Retribución bruta mensual: 2.435,10 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Data de inicio prevista: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma
Xornada laboral: Tempo completo (37.5 h/semana)
Categoría laboral: Investigador modalidade A (Doutor)
Centro de traballo: FACULTADE DE BIOLOXIA DE VIGO
Duración do contrato: 6 meses
REQUISITOS E MÉRITOS DOS/AS CANDIDATOS/AS
Titulación requirida: Doutor/a en Bioloxía
Méritos a valorar:
– Formación académica e experiencia investigadora nos últimos 5 anos.
– Experiencia acreditada en xenética e conservación de poboacións, e en técnicas de análise bioinformática de secuencias xenéticas para a caracterización de mutacións deletéreas, especialmente mediante o uso do software Provean
– Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente aos 3 candidatos/as que acaden un mínimo de 50 puntos.