REFERENCIA DA OFERTA 1623-116360
Denominación do proxecto ou actividade Contrato indefinido vinculado á liña de investigación
Investigador principal Jesús Manuel Míguez Miramontes
Liña de investigación Bases fisiolóxicas do benestar en peixes
Departamento C01 Bioloxía funcional e ciencias da saúde
CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS
Tipo de contrato Contrato de actividades científico-técnicas (art 23bis Lei da Ciencia).
Duración indefinida
Número de prazas 1
Traballo a realizar Apoio as actividades de investigación do proxecto
Funcións a realizar En colaboración co responsable do grupo de investigación, o/a candidato/a levará a cabo as seguintes funcións principais:
a) Implementación de metodoloxías electrofisiolóxicas e telemétricas en peixes planos,
b) Realización de rexistros ECG e EEG;
c) recollida e análise de datos de biosensores;
d) análises de laboratorio;
e) tratamento de datos e colaboración na elaboración de informes.
Retribución bruta mensual 1.800,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Data de inicio prevista A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma
Xornada laboral Tempo completo (37.5 h/semana)
Categoría laboral Investigador/a modalidade B (Titulación Universitaria Superior)
Centro de traballo FACULTADE DE BIOLOXIA DE VIGO
Duración do contrato indefinida
REQUISITOS E MÉRITOS DOS CANDIDATOS/AS
TITULACIÓN REQUIRIDA Grao en Bioloxía (ou afín) e Máster en acuicultura
MÉRITOS A VALORAR
1. Méritos xerais: formación académica e experiencia acreditada en actividades relacionadas coas funcións da praza.
2. Méritos específicos: Acreditación para experimentación con animais acuáticos, funcións a, b, c, d (imprescindible). Experiencia en rexistros sensoriais en peixes e no uso de biosensores implantables. Experiencia en mostraxes en rodaballo e técnicas de cuantificación de neurotransmisorres e outras metodoloxías analíticas (HPLC, ELISA, qPCR).
3. Entrevista persoal (3 candidatos máximo)