O Grupo de Investigacións Económicas (INVACUIC) do departamento de Organización de Empresas e Mercadotecnia da Universidade de Vigo organiza do 26 de xuño ao 2 de xullo a 8ª edición do curso de extensión universitaria «Xestión de explotacións acuícolas», destinado a combinar coñecementos de acuicultura e xestión de empresas. O alumnado que participe no curso terá oportunidade de asistir a 8 seminarios destinados a:
– Coñecer as ameazas e as oportunidades que o ámbito depara para a actividade acuícola
– Identificar as fortalezas e as debilidades das actuais explotacións acuícolas
– Identificar os elementos clave que determinarán o futuro do sector
– Deseñar estratexias competitivas axeitadas para o sector
– Coñecer o proceso de posta en marcha dunha actividade acuícola
– Coñecer e saber utilizar ferramentas para análise de viabilidade de explotacións acuícolas
– Saber definir estratexias de mercadotecnia para a creación de valor nos produtos acuícolas
– Coñecer o proceso de cultivo de diversas especies tanto de peixes coma de moluscos bivalvos
– Coñecer todo o relacionado co cultivo de especies de peixes comerciais en Galicia
– Manexar software de xestión da produción acuícola (SmartWater)
O curso inclúe Visita ao IGAFA (Instituto Galego de Formación en Acuicultura na Illa de Arousa) con percorrido en barco para coñecer todos os detalles do proceso de cultivo de mexillón nas bateas e demostración de traballos, así como visita ao Instituto Español de Oceanografía – Centro Oceanográfico de Vigo (Cabo Estai, Vigo)
Dous días do curso desenvolveranse nas instalacións da ECIMAT, onde se terá oportunidade de facer unha visita guiada para coñecer a súa actividade
Taxas:
Alumnado que pertenzan á comunidade universitaria da Universidade de Vigo: 22,50€
Alumnado da Universidade de Vigo que goce dunha bolsa do Ministerio de Educación ou outro tipo de axudas por motivos económicos: 15€
Resto alumnado: 30€
TODA A INFORMACIÓN NA WEB http://webs.uvigo.es/acuicultura/
Enlace directo para a matrícula: https://culturxest.uvigo.es/WebCulturaUVigo/actividades/datos.jsp?idActividad=333
Para resolver calquer dúbida pode escribir a cferro@uvigo.es