Microplásticos: os plásticos que menos se ven son os máis perigosos para o ambiente

pajaroplastico

 

Se hoxe en día de súpeto se retirasen da circulación todos os obxectos de plástico non poderiamos levar unha vida normal, non obstante o plástico era un material descoñecido para a maior parte da humanidade deica a súa comercialización masiva nos anos 50. Os nosos avós viviron un mundo sen absolutamente ningún obxecto deste material, vai ti a saber cómo. Formalmente os plásticos son polímeros sintéticos, e o primeiro foi sintetizado no ano 1907 polo químico belga asentado en Nova York Leo Baekeland. Buscando un material illante para a entón emerxente industria eléctrica inventou un polímero termoestable ao que bautizou co seu nome, a baquelita, e que o fixo multimillonario.

Recentemente saltaron á palestra os perigos máis graves e incertos dos plásticos. Para aumentar a flexibilidade destes materiais, ao polímero virxe se lle engaden uns aditivos denominados plastificadores que son moléculas orgánicas sintéticas cun nome tan endemoniado como os seus posibles efectos crónicos, os ftalatos.

Para máis información, preme aquí