Oferta de contrato predoutoral-Programa FPI para a realización de Tese Doutoramento-2022. Proxecto BIOTOX

Descrición

Ofértase un contrato para a realización dunha tese de doutoramento dentro do proxecto BIOTOX, que ten por obxectivo xeral explorar o papel das interaccións bióticas no desenvolvemento de proliferacións de algas nocivas (PANs), centrando a atención nas proliferacións de Alexandrium minutum como sistema modelo. BIOTOX é un proxecto coordinado polo grupo de Oceanografía Biolóxica (GOB) do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo e o VGOHAB do IEO. O obxectivo central da tese é estudar o papel que xogan as bacterias do microbioma de A minutum no desenvolvemento e o potencial tóxico das proliferacións combinando mostraxes de campo con experimentos en microcosmos. Realizaranse experimentos de transplante, onde un cultivo axénico de A. minutum será inoculado cunha comunidade bacteriana natural, á que se lle realizaron mostraxes en diferentes momentos durante o periodo de proliferacións de A. minutum. Realizaranse 39 salidas de campo e, polo menos, 6 experimentos de trasplante, e tomaranse mostras para estimar a abundancia e o contido en toxinas de A. minutum, así como mostras de ARN para estudar os patróns de expresión da comunidade bacteriana. A análise dos metatranscriptomas bacterianos a partir de mostras de campo e dos experimentos de trasplante permitirá detectar cambios na expresión relativa de distintos xenes nos diferentes tratamentos experimentais/periodos. O estudo da relación entre os patróns de expresión e as respostas de A. minutum permitirá inferir que moléculas interveñen nas interaccións alelopáticas. Seleccionaranse 2-3 moléculas de entre as posibles para corroborar o seu efecto mediante bioensaios. A tese realizarase no grupo de Oceanografía Biolóxica do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo.

Requisitos e méritos a valorar

Requírese ter cursado o grao en Bioloxía, Ciencias do Mar, Oceanografía, Microbioloxía, Ciencias Ambientales ou similar. Valorarase o expediente académico, o dominio de inglés, os estudos de mestrado en Oceanografía, Bioloxía Mariña, Microbioloxía ou titulacións equivalentes, e a experiencia acreditada en investigación (publicacións, congresos, etc.). Así mesmo, valorarase a experiencia no uso de metodoloxías de mostraxe de plancto e extracción de ARN, ferramentas bioinformáticas e coñecementos da linguaxe R.

Prazo de presentación, tramitación e condicións do contrato

Do 12 al 26 de xaneiro de 2023 ás 14:00 (hora peninsular), na web do MICINN.

As condicións e requisitos do contrato pódense atopar nesta ligazón.

Para más información:

Eva Teira (teira@uvigo.es)
Emilio Fernández (esuarez@uvigo.es)