O grupo de investigación en Xenómica Comparativa do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo busca un candidato para levar a cabo unha tese doutoral a realizar baixo a dirección do profesor Carlos Canchaya da Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo. Búscanse candidatos que posteriormente poidan solicitar axudas predoutorais dispoñibles a inicios do 2023.
Descrición
O tema central da tese será a caracterización e análise de microbiomas en bivalvos mariños. Disponse de financiamento para un contrato de ata un ano para que coincida co inicio do contrato predoctoral baixo as axudas conseguidas.
Requisitos
Os candidatos deberán ter estudos de grao/licenciatura en Bioloxía, Ciencias do Mar ou carreiras afíns; e cumprir os requisitos para pedir axudas predoutorais da Xunta de Galicia ou outras axudas afíns.
Solicitude
Aquelas persoas interesadas enviar CV a Carlos A. Canchaya
Data límite: 7 de outubro de 2022