PRAZA DE TÉCNICA/O 2 DE INVESTIGACIÓN EN RECURSOS BIOLÓXICOS MARIÑOS NA ESTACIÓN DE CIENCIAS MARIÑAS DE TORALLA (ECIMAT- CIM-Universidade de Vigo) – Paracentrotus lividus

1. Descrición

A/O candidata/o deberá desenvolver o seu traballo como técnica/o no proxecto de investigación OCIMER+: Enfoque holístico para el cultivo y conservación de Paracentrotus lividus (Lamarck, 1816) financiado pola fundación Biodiversidad na convocatoria Pleamar 21. As tarefas a realizar pola/o técnica/o de investigación serán:

Examinar as infecións parasitarias e as patoloxías asociadas en diferentes especies de ourizos de mar. Coñecer o comportamento dos parásitos que infectan aos ourizos de mar baixo a influencia de diversas condicións ambientais, evaluando os posibles riscos de trasmisión. Estudar a relacion entre parametros relacionados co cambio climático e a bioloxía/ecoloxía do ourizo de mar

2. Requisitos

  • Grao en Ciencias do Mar ou Bioloxía
  • Experiencia en investigación en Parasitoloxía de organismos mariños
  • Forte motivación para a investigación
  • Experiencia no campo do estudo das comunidades parasitas

3. Criterios de valoración

Formación: (40%):

  • Expediente académico

Experiencia: (30%):

  • Investigación o especialización relacionada coa Parasitoloxía Mariña

Entrevista (30%):

  • Realizaranse entrevistas persoais ás/ós candidatas/os preseleccionados, no caso de ser necesario. As persoas seleccionadas para a entrevista en caso de ser necesaria deberán acreditar todos os méritos presentados.

4. Condicións

  • Contrato laboral grupo 1.
  • Adicación: Tempo completo
  • Inicio do contrato: Inicios de 2022 (supeditado á firma e condicións do convenio de financiación).
  • Salario bruto: 1500 euros/mes.
  • Xornada de traballo semanal: 37,5 horas/semana.
  • Duración do contrato: Máximo de 8 meses (período de proba de 3 meses)
  • Centro de traballo: Estación de Ciencias Mariñas de Toralla – Illa de Toralla (Coruxo, Vigo) e Facultade de Ciencias do Mar (Campus de Vigo).

5. Presentación de solicitudes e prazo

  • As persoas candidatas deben enviar a solicitude (Anexo II) e CV con indicación expresa dos méritos solicitados a ocimer@ecimat.org co asunto: “proxecto OCIMER+ PRAZA TECNICO 2”. (Pódense achegar 1 ou 2 cartas de recomendación)
  • Prazo de presentación de solicitudes: ata as 14:00 horas do 20 de decembro de 2021.
  • Achegar en PDF o expediente académico e CV completo (que deberá conter todos os xustificantes correspondentes aos méritos alegados).
  • As persoas seleccionadas poden ser convocadas para a entrevista en caso de ser necesaria.

6. Comisión de Avaliación

  • Presidente: José Manuel García Estévez
  • Vogal 1: Damián Costas Costas
  • Vogal 2: Estefanía Paredes Rosendo
  • Vogal 3: Ángel Pérez Diz

Prazo de recepción de solicitudes: ata as 14:00 horas do 20 de decembro de 2021

7. Resolución

Candidatos preseleccionadas/os as prazas de técnicas/os de investigación

PRAZA TÉCNICA/O 2

Fernández Vázquez, Fabio (70,0)

Tras a valoración dos méritos dos/das candidatos/as á praza de técnico/a 2 non é necesaria a convocatoria de entrevista, sendo seleccionado o candidato Fernández Vázquez, Fabio.

Rematado o proceso de avaliación para a selección das prazas de técnicas/os de investigación, propoñénse as/os seguintes candidatas/os:

PRAZA TÉCNICA/O 2

Fabio Fernández Vázquez