Oferta de contrato Artista 2D / Ilustrador con cargo ao proxecto do videoxogo “Misión Azul”

O Centro de Investigación Mariña (CIM-UVigo) en colaboración co centro Atlanttic, no contexto do proxecto “Misión Azul – La investigación marina y el cambio climático”, financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia e Innovación, convoca un proceso selectivo para a contratación dunha persoa Artista 2D/Ilustrador/a coas seguintes características:

Descrición do contrato:

  • Duración: 3.5 meses
  • Data prevista de inicio: Entre o 1 e 15 de febreiro de 2022
  • Xornada de traballo: Tempo completo
  • Lugar de traballo: Campus Vigo Lagoas, Marcosende. España
  • Salario aproximado: 1628€ brutos

Requisitos:

  • Os/as aspirantes deberán cumprir, á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, os seguintes requisitos:
  • Ter cumpridos os dezaoito anos e non alcanzar a idade establecida, con carácter xeral, para a xubilación.
  • Ter capacidade funcional para o desempeño das tarefas do perfil solicitado.
  • Non ser separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado para o desempeño de funcións públicas.
  • Grao en Belas Artes, Título Superior de Deseño (con habilidades de ilustración) ou Técnico Superior en Ilustración
  • Outras titulacións: máis de 2 anos de experiencia laboral en ilustración demostrable de produtos interactivos.

Criterios de valoración:

  • Alta habilidade en ilustración dixital.
  • Habilidade para bosquexar e crear conceptos rapidamente.
  • Polivalencia tanto para ilustrar personaxes coma escenarios ou obxectos.
  • Capacidade para manter a coherencia de estilo coas guías de estilo e marca xa existentes.
  • Habilidade para a composición e cor.
  • Coñecemento de conceptos básicos de animación.
  • Posuír un portafolio de mostra de traballos.
  • Valorarase positivamente coñecementos/experiencia en metodoloxías de traballo áxil.
  • Valorarase positivamente ter experiencia previa en traballo en equipo en departamentos de arte ou deseño.

Tarefas a realizar

  • Colaborar coa Dirección de Arte para a realización de assets necesarios para o xogo.
  • Participar na creación de conceptos de personaxes, escenarios e ítems.
  • Participar na creación e ilustración do arte promocional do xogo.
  • Traballar xunto con todo o equipo para a consecución exitosa do proxecto.

Valoración

  • Portafolio 50%
  • Currículum  25%
  • Entrevista persoal 25%

Presentación de solicitudes

As persoas candidatas deberán enviar un CV, carta de presentación e máis enlace web ao seu portafolio, con mostra de traballos, proxectos e estilos a: misionazul@uvigo.es

Prazo de recepción de solicitudes: 17-12-2021

Resolución

13/01/2022 – Listaxe definitiva de admitidos/as e excluidos/as

17/02/2022 – Resolución definitiva da proposta de contratación