Persoal técnico de apoio á investigación – Observación do océano e cambio global

O Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo ofrece un contrato de técnico de apoio á investigación para o reforzo da liña de investigación “Observación do océano e cambio global.

Condicións xerais:

  • Duración: 4 meses
  • Data prevista de inicio: xuño de 2021
  • Xornada de traballo: Tempo completo
  • Lugar de traballo: Facultade de Ciencias do Mar, Universidade de Vigo.

Requisitos:

  • Grao ou licenciatura en Ciencias do Mar
  • Experiencia acreditada en procesado e mostraxe de sedimentos en laboratorio para análise granulométrico e composicional e participación en campañas oceanográficas
  • Disponiblidade para o embarque en campaña oceanográfica do 21 de xuño ao 15 de xullo de 2021

Criterios de valoración:

  • Experiencia acreditada no procesado e mostraxe de sedimentos en laboratorio para análise granulométrico e composicional e participación en campañas oceanográficas (60%)
  • CV nos ámbitos da actividade a realizar (10%)
  • Entrevista (30%)

Solicitude

As persoas candidatas deben enviar a solicitude en modelo normalizado (Anexo II) e CV con indicación expresa dos méritos solicitados a mnombela@uvigo.es.

Data límite:  23 de abril ás 15:00.

No seguinte enlace pode consultar a convocatoria, na que se describen os requisitos dos solicitantes, o procedemento de selección e as características da praza ofertada, e o documento de solicitude (Anexo II):

Resolución