Tras máis de tres anos de traballo, o proxecto European Blue Biobank (EBB), liderado polo Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo e enmarcado na Infraestrutura Europea á que pertence, EMBRC (European Marine Biological Resource Centre), celebrou este martes o evento de peche baixo o título Symposium on Biobanks and Marine Diversity, presentando uns resultados que supoñen un importante legado a esta infraestrutura europea de investigación mariña e a todos os actores interesados na preservación da biodiversidade mariña e o uso sostible dos recursos dos océanos.
EBB é a primeira e máis importante iniciativa mundial de coordinación transnacional de biobancos mariños
EBB responde a unha demanda da comunidade científica que, para desenvolver o seu traballo, precisa recoller mostras en todo o mundo ou ben solicitar préstamos de museos, universidades ou estacións mariñas. O proxecto comezou a súa andaina en 2017 gracias á financiación de Interreg Atlantic Area e a cofinanciación dos seus socios, quenes aportaron 1.5 e 0.5 millóns de euros respectivamente. A principal misión do consorcio foi sentar as bases de acceso aos recursos xenéticos para unha xestión unificada dos principais biobancos mariños de Europa. Para isto, o CIM coordinou o traballo desenvolvido por 20 socios de seis países diferentes, entre os cales figuran institucións académicas e de investigación, clústeres de biotecnoloxía mariña, empresas e diversas administracións.
No evento de peche presentaronse os resultados obtidos ás estacións mariñas de nove países que conforman a EMBRC, aos diferentes biobancos e coleccións de cultivo de Europa e ao sector industrial e académico interesado no acceso sostible e xusto á biodiversidade mariña.
Máis información sobre o proxecto e os seus resultados no DUVI
A actividade investigadora do CIM conta co apoio da Xunta de Galicia e a Unión Europea, a través do seu cofinanciamento ao abeiro do Programa Operativo FEDER/FSE Galicia 2014-2020.