Curso de Diagnóstico Patolóxico en Peixes

cdpp2008a

A XRAq de Cataluña xunto coa ECIMAT da Universidade de Vigo, o Servizo de Diagnóstico Patolóxico en Peixes de Skretting, a Facultade de Veterinaria da Universidade Autónoma de Barcelona e o Instituto de Estudos Cataláns (IEC) organizaron para outubro e principios de 2012 dous módulos do VII Curso de Ictiopatología Práctica «Técnicas» «de diagnóstico» en patoloxía de peixes».

 O curso está destinado a profesionais, persoal técnico, investigadores e estudantes en prácticas que desexen mellorar os seus coñecementos sobre diagnósticos sanitarios en peixes, tales como protocolización diagnóstica, ferramentas de diagnóstico e xestión dos resultados para poder mellorar a calidade de avaliacións sanitarias en poboacións de peixes.

O curso deseñouse en dous módulos: un primeiro módulo teórico, que é o que se celebrará en Outubro en Barcelona e un segundo módulo práctico (independente deste módulo teórico) que está previsto que teña lugar a principios de 2012 na Universidade de Vigo nas instalacións do ECIMAT.

As inscricións aos dous módulos son independentes un do outro, polo que é posible cursar o práctico sen asistir ao teórico e viceversa. En todo caso, durante o curso teórico, os asistentes poderán realizar unha pre-reserva para o módulo práctico, o cal nos facilitará a xestión deste.

O módulo teórico ten un custo de 350 euros e terá como data de celebración do 25 ao 28 de outubro de 2011 na Sala de conferencias do Instituto de Estudos Cataláns, en Carrer del Carme 47, en Barcelona.

Ao respecto do curso, será preciso demostrar «un nivel mínimo de coñecemento, experiencia ou formación en patoloxía ou sanidade en peixes». Por iso, engaden, antes de proceder á inscrición, é necesario que realicen unha preinscrición na web do curso, indicando moi brevemente toda aquela información (formación, traballo, experiencia previa…) que crean que poida ser útil para acreditar que dispoñen un nivel suficiente para poder seguir o curso sen problemas.

Máis información:

www.cdpp.myhappyfish.com