Xornada polo Día Mundial da Acuicultura

Con motivo do Día Mundial da Acuicultura, o grupo de investigación PhystoFhish do CIM organiza o venres 1 de decembro unha xornada dirixida ao alumnado de Ciencias do Mar e áreas afíns, centrada no rodaballo como especie clave do sector. A sesión inclúe unha masterclass sobre fisioloxía e benestar animal, unha intervención de Stolt Sea Farm sobre a produción de rodaballo en Galicia e un showcooking final en colaboración con Omichi Ramen&Bar. O obxectivo é achegar ao estudantado á investigación mariña aplicada, dar a coñecer as oportunidades profesionais na acuicultura e fomentar novas vocacións científicas nun dos ámbitos estratéxicos para o futuro da economía azul.

A actividade está dirixida a estudantes de Grao (Bioloxía, Ciencias do Mar, etc), Mestrados (Acuicultura, Bioloxía mariña, etc.) e, en xeral, a tódalas persoas interesadas na acuicultura. Será necesario realizar inscrición previa para asistir.

Axenda

13.00 Apertura de sesión e presentación da Sociedade Española de Acuicultura (SEA)

13.10 Do laboratorio á granxa: benestar no cultivo do rodaballo para unha acuicultura que vai más alá do crecemento. Carlos Andrés Ramírez Rodríguez, Doutorado Industrial, Stolt Sea Farm & CIM-UVigo.

13.30 Cultivo de rodaballo en Galicia, Joaquín Macías Sancho, responsable da Unidade de I+D e Saúde Animal en Stolt Sea Farm.

13.45 Showcooking. Omichi Ramen&Bar

14.15 Peche da sesión

Colaboran: Facultade de Bioloxía, Stolt Sea Farm, Sociedad Española de Acuicultura (SEA) e Omichi Ramen&Bar

Cartel do evento

Edificio Filomena Dato
Campus de Vigo
36310 Vigo. Galicia. (Spain)