A dirección e o persoal do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM-UVigo) abrímoslle as portas a escolares, asociacións, colectivos profesionais e a todas aquelas persoas interesadas en coñecer as nosas instalacións e o noso traballo. 

As visitas consisten nun percorrido polas instalacións da Ecimat, principal infraestructura do CIM-UVigo, durante a cal presentamos os servizos que presta a estación no seu día a sía e algúns dos proxectos de investigación que se estean a desenvolver,  sempre co obxectivo de que se coñezan a estrutura e instalacións que facilitan a investigación mariña desenvolvida na Universidade de Vigo e de facer máis visible e comprensible o traballo do noso persoal  técnico e investigador .

Dependendo da disponibilidade do persoal e do grupo, realizamos algunha actividade relacionada coa investigación do Centro ou coa biodiversidade mariña. As visitas son guiadas polo persoal técnico do Centro e poden contar coa colaboración do persoal investigador, quenes adaptan o enfoque e mesmo a temática á idade e perfil de quen nos visita.

Algunhas cousas que debes saber para planificar a túa visita:

  • As visitas realízanse preferentemente os venres entre as 10 e as 14h.
  • A duración da visita oscila entre 60 e 90 minutos por grupo.  
  • Aceptamos grupos de 25 persoas máximo. Dividirémolos en subgrupos de 12 ou 13.
  • É aconsellable que as persoas visitantes veñan con calzado pechado ou con botas de goma.  
  • A adxudicación das visitas realizarase segundo orde de solicitude e ata completar as prazas dispoñibles.

Para máis información ou concertar visita:

Enviar correo a Alba Hernández

Chamar ao 986 815 710