Formamos parte da Rede de Centros de Investigación do Sistema Universitario de Galicia

O Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo é un dos dez centros que forma parte da Rede de Centros de Investigación do Sistema Universitario de Galicia (CIGUS), unha superestrutura promovida pola Xunta de Galicia. O seu obxectivo é  fortalecer e potenciar a investigación de excelencia universitaria e actuar como motor de progreso da rexión. 

Baixo a marca CIGUS, que representa un modelo único en España, vertébrase e visibilízase a investigación universitaria de excelencia desenvolvida no territorio e concrétase unha firme aposta polo crecemento económico, o benestar social e o desenvolvemento futuro de Galicia.

A actividade do CIM está cofinanciada pola Unión Europea, dentro do programa Feder (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) da Xunta de Galicia no marco do programa operativo Feder Galicia 2021-2027 co obxectivo temático de “desenvolver e mellorar as capacidades de investigación e innovación e asimilar tecnoloxías avanzadas”. No caso do CIM, isto contribuirá a promover a xeración de coñecemento de excelencia en ciencia mariña, a transferencia dese coñecemento para beneficio da sociedade, e a internacionalización da actividade investigadora da Universidade de Vigo no ámbito do mar. 

Edificio Filomena Dato
Campus de Vigo
36310 Vigo. Galicia. (Spain)